Saltar ao contido

DERROTA PERO BOA IMAXE DO FISIOTERAPIA BENESTAR.

A evolución deste conxunto notase cada vez máis co paso do tempo . Non era o dia preciso para facer o mellor partido xa que o rival a batir é o Cangas , uns dos mellores conxuntos da categoría, pero as nosas non se amilanaron e foron fieis ao seu estilo .

O Cangas pronto tivo unha vantaxe clara no marcador pero as nosas con moita disciplina xogaban o seu modelo de xogo , e en defensa moi aguerridas conseguian moito éxito ainda asi o ataque era o que máis constaba o Fisiotepia Benestar.

Co paso dos minutos a ventaxa alargouse pero sen perder a cara as cullerdenses seguían incidendo ata conseguir o obxetivo do gol .

No descanso moita ventaxa para o equipo visitante 7-19.

Na segunda metade o Fisioterapia Benestar aumentou o ritmo de partido para asi poder reducir as distancias no marcador e pese a que o Cangas matiña moito a distancia o equipo cullerdese empezou a xogar moito mellor en ataque , e tamén a ter unha maior seguridade defensiva.

Isto daba folgos as guerreiras cullerdenses que non perderon o ánimo en ningún momento dando a pé a loitar o partido .

Moi bó partido das nosas cadetes cullerdenses que non paran de loitar ata que se pite o final do partido .

Forza Culle.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR: Marc Martinez,Carla Bello(2), Marina Rodirguez(6), Carla Muiño, Aitana Tasende(3),Maria Bescansa (4),Paula Peteiro, Valentina Martinez(1), Carla Estraviz , Paula Vidal (1),Noa Insua(!),Sofía Gerpe.

RESULTADO : 18-36

SALÓN AVILÉS BM CANGAS: Alba Gestido, Laura Cordeiro(7),Antía Vilariño(6),Paola Nuñez(2),Iria Augusto(3),Sabela Nores(2),Inés Benandez(5),Alexandra Freire(8),Nava Otero(3), Inés Rios.

PARCIALES CADA 5`: 1-3/3-7/4-10/6-14/7-19/9-21/12-25/15-29/16-32/18-36.

INCIDENCIAS: Xornada 15 da liga de Ouro cadete feminina, disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *