Saltar ao contido

AO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, ESCÁPASELLE UN PUNTO NO ÚLTIMO SUSPIRO ANTE UN DOS FAVORITOS

Partido vibrante o que se puido vivir o pasado sábado no pavillón de Tarrío, nun derbi provincial que enfrontaba ao Xiria de Carballo e aos cullerdenses do BM.Construpereiro.
Gran partido do BM.Culleredo Construpereiro, que dominou a maioría dos parciais ante un dos grandes favoritos ao título e ao que se lle escapou un punto no último suspiro despois de conseguir unha renda de tres goles a pouco da finalización.
Primeira parte vistosa, entretida, onde os ataques se impuxeron ás defensas e alternativas no marcador continuas para irse ao descanso con táboas (18-18). A segunda parte prometía emocións fortes tal e como se estaba a desenvolver o envite e un final non apto para cardíacos, como así foi.
Na continuación e tras uns primeiros compases na mesma liña que a dos primeiros trinta minutos, o BM.Culleredo Construpereiro, dominou ao seu rival no último tramo, adquirindo en sendas ocasiós unha renda de tres goles con posibilidade de aumentar ata os 4. Entrábase nos últimos minutos e os locais tocaban a vitoria cos dedos dunha man, ao manter unha diferenza de dous goles a falta de pouco máis dun minuto, pero un Xiria competitivo e de múltiples recursos na súa primeira liña, conseguía poñer a igualdade no último suspiro para repartirse os puntos co seu rival provincial.
gran partido do BM.Culleredo Construpereiro, que, demostrando o seu gran momento de forma e aínda coa importante baixa de David Martínez, foi capaz de competir e dominar o marcador e o xogo ante un dos grandes favoritos ao título como o é o Grupo Lemaco Xiria.

BM. Culleredo Construpereiro: 32 (18+14) - Grupo Lemaco Xiria: 32 (18+14)

Os participantes no encontro por parte do BM.Culleredo Construpereiro foron:

Marco González (P), Marcos Regueiro (11), Adrián Veira, Iván Sánchez (1), Diego Del Río (1), Aaron Blanco (2), Antón Pérez, Samuel Seijas (12), Daniel González (3), Josemi Martínez (1), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Teo Calvo (1), Anxo Negreira, Alejo Martínez.

Parciais cada 5´: 4-3 / 5-5 / 8-10 / 12-12 / 16-15 / 18-18 / Descanso / 21-20 / 22-22 / 23-23 / 27-26 / 30-27 / 32-32 / Final.

Incidencias: Xornada nº 11 na categoría cadete masculino, disputada no municipal de Tarrío con moi bo ambiente nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *