Saltar ao contido

O DERBI PROVINCIAL QUEDASE EN CULLEREDO

Derbi provincial en Almeiras onde o Remax Riazor recibia o Xiria de Carballo. Prometiase un partido moi intenso e igualdado como na xornada de ida, pero o Remax Riazor pisou o acelelador rápidamente dende os primeiros minutos.Isto provocou xa pequenas ventaxas no marcador.

Un Remax que saia moi enchufado na defensa e que non deixaba pé a lanzar comodamente ao ataque carballés, na fase ofensiva , mediante un inicio de pase e vai ante unha defensa 6:0 o Remax Riazor conseguía boas accións de gol para rematalas en gol , e así seguir aumentando a ventaxa ata 4-5 goles.

No descanso 15-11 .

Na segunda metade o plan por parte do Remax Riazor foi o mesmo , primeiro plantexar unah defensa de cara os xogadores máis peligroso do Xiria , no que ese plan saiu a perfección xa que Nico Cancela xogador do Xiria viuse superado constantemente pola defensa cullerdense grazas a solidaridade das axudas defensivas.

Todo isto provocaba un ataque pouco efectivo por parte do Xiria que se non era a defensa cullerdense a que interceptaba algún balón era Hugo Díaz quen aparería para salvaguardar a portería cullerdense nos momentos que o Xiria conseguía superar a defensa cullerdense.

Co paso dos minutos o a ventaxa ia aumentado e o Xiria posicionouse nuha defensa 3:3 moi avanzada para poder reducir as distancias no marcador pero o Remax Riazor gustalle xogar con espacios e ahí apareceu Teo López para sair o pase e vai e coller galóns para xogar tanto devolucións como darse a volta e encarar a porteria rival nun 1x0 .

O Remax Riazor mataba o partido xogando fantásticamente o pase e vai ante unha defensa moi aberta.

4 puntos de conseguidos esta semana tan dura para o Remax Riazor que segue aupado nos postos altos da clasificación.

Forza Culle.

RESULTADO : 31-23

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Hugo García, Hugo Diaz, Jaime Serrano(6),Fabián Manzo(2), Adrián Aneiros (1),Jorge Outón (4),Jairo Candamio (6),Pablo Ares,(2),Xoán Bello(3),Teo López(3),Xoán Seoane , Roi Fernández, Iago Allegue(2), Xoán Candedo (1)Hugo Bermúdez(2)

Garaysa Xiria: Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Alvaro Gómez, Xabier Fernández, Xano Rama, Pablo Fraga,Izan Cabeza, Marcos Varela, Nicolas Cancela, Andres Pedreira, Daniel Marta.

PARCIALES CADA 5`: 3-1/5-2/7-4/10-9/15-11/18-13/22-14/26-17/29-19/31-23

INCIDENCIAS: Xornada 15 disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *