Saltar ao contido

PRIMEIROS DOUS PUNTOS PARA O RAFERGAL

Ámbolos dous equipos chegaban o encontró sen ningún punto no casilleiro da Liga de Ouro . polo que o partido prometía ser intenso de principio a fin.

O Rafergal con outra derrota a súas espaldas colleitada esta fin de semana, facía co equipo da casa estaba nunha postura de urxencia.

Os dous equipos sairon a pista de Almeiras conscientes de que había máis que dous puntos en xogo.

Ámbolos equipos imprimiron un ritmo frenético ó partido dende o asubio inicial. Non había respiro e un mínimo despiste podería facer que algún dos equipos marchase no marcador. As forzas equipárabanse e as de Rafergal conseguían colocarse cun gol de ventaxa xusto antes do descanso.

Comezaba unha segunda parte non apta para cardiacos. O Rasoeiro igualaba o marcador na primeira ocasión, e así, un intercambio de goles durante os primeiros 15 minutos desta parte.

Entón, emerxeu o Culleredo ,que con tres tantos consecutivos volvía a dar ventaxa o seu marcador acadando certa comodidade a falta de 6minutos para o final.

Tras cinco minutos de sequía goleadora, o Rasoeiro apretaba o marcador facendo un final de infarto e tendo unha última oportunidade de empatalo encontró nun golpe franco sinalado co asubio final.

O Rafergal faciase coa sua primeira victoria a falta de catro partidos para rematar esta competición.

Balonmán Culleredo Rafergal 18 (10+8):Diana Dozo Dominguez , Carla Bello Lopez, Marina Rodriguez Fernandez (1) ,Adriana Antonio Costela (1), Anheliz Amarys Alexander Justin (4), Lucia Ponte Diaz, Paula Valderrabano Codesal( 6), Candela Puga Presedo ,Adela Areoso Lopez (1) ,Lucia Sanchez Toimil (2) , Carlota Rodriguez Ramallo (1), Ines Martinez Mosquera , Marta Valderrabano Codesal (2)

Rasoeiro Bm 17 (9+8) :Xulia Otero Dominguez, Uxia Meis Ramos (3), Zeltia Perez Dominguez (3), Carla Dominguez Corral (5), Noa Parada Conde, Lucia Guillermes Garrido, Camila Sol De Seta Martinez (1), Naomi Alvarez Naveiro (2), Cira Otero Prol , Erixua Otero Sanmartin ,Yaiza Vila Besada (1),Carmen Otero Canario, Sofia Lua De Seta Martinez, Luna Otero Prol (2)

Parcial cada 5 minutos: 1-2/3-3/5-5/6-8/8-8/10-9 Descanso 11-10/12-12/13-13/15-14/18-14/18-17 Final

Colexiados: Pablo Manuel Barreiro Suárez, Andre Pena Muiño

Incidencias: 9ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 20 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Galería de fotos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *