Saltar ao contido

ESFORZO SEN PREMIO PARA O CLIMANOSA.

O pasado domingo, os cadetes de liga prata, recibían a un forte rival, o Xiria B de Carballo, lideres indiscutibles da táboa. Os nosos que viñan da senda da victoria e con moi boas sensacións a nivel grupal, encaraban este duelo con moitas gañas de competir e plantar cara aos carballeses.

Comezábamos fortes a nivel defensivo pero con imprecións en ataque por mor da forte defensa rival. Faltos de ritmo ofensivo, os cullerdenses sacaban rédito de cómodas situacións de 1x1 e 2x2, recuperando certo ritmo no marcador. Malia iso, as fortes envestidas do rival con transicións rápidas cara a nosa portería non éramos quen de frealas, recibindo un parcial de 2-7 nos últimos minutos da primeira parte, chegando o final desta cun 8-18 a prol dos de Carballo.

Na segunda metade, os nosos sempre cun gran caracter competitivo foron capaces de seguir loitando incansablemente e millorar os erros cometidos no primer tempo. O ritmo dos carballeses non cesou ata o final, e os cullerdenses o único que puideron facer foi maquillar máis o electrónico. Pese a derrota, é de eloxio a milloría deste grupo de cadetes que cada semana amosa conceptos novos e moita máis madurez nos partidos, exemplo de traballo e sacrificio. Noraboa polo esforzo!!! Seguimos traballando!!!!

FORZACULLEEEEE!!!

Bm Culleredo Climanosa 21-36 Xiria B

BmCulleredo: Mateo, Hugo, Iago 2, Álvaro 6, Nico Arias 1, Xoel 2, Mario 1, Bruno 3, Nico Díaz 1, Anxo 1, Félix 4, Bieito, Casal, Rubén, Adri López.

Bm Xiria B: Henrique Traba 8, Álvaro García, Daniel Periscal 4, Diego Mourelle 2, Jorge Rodriguez 4, Yago Sande, Marcos Suarez 9, Brais Suarez 2, Diego Barbeira, Simon Viña 3, Máximo Andres 1, Aday Gómez 2.

PARCIAIS:

2-3/ 4-7/ 6-10/ 6-12/ 8-14/ 8-18/ desc./ 9-21/ 10-25/ 12-27/ 15-28/ 18-32/ 21-36/ final.

ARBITRAXE:

Pablo Torreiro.

INCIDENCIAS:

Xornada 17 da liga prata cadete masculina, desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *