Saltar ao contido

O PORTEIRO LOCAL IMPIDE A VITORIA DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O BM.Culleredo Construpereiro, a punto estivo de sacar algo positivo na súa visita a un dos galos da competición, o UPI Informática Lalín. A pesar da importante baixa por lesión do lateral zurdo David Martínez, o conxunto de Culleredo competíu e de que forma, ante un dos mellores conxuntos da categoría, poñendo en serios aprietos á escuadra lalinense e quedándose ás portas de conseguir algo positivo.


Despois dun comezo irregular, onde os locais sairían ao 40x20 moito máis lúcidos e cun maior clarividencia, (6-2 minuto 10), os cullerdenses axustarían conceptos despois dun primeiro tempo morto e co pasar dos minutos irían crecendo no seu xogo. Desta forma, no minuto vinte, adiantábanse no marcador e dominaban ao seu rival cunha defensa sobresainte na que as recuperacións de balón acumulábanse a favor dos foráneos. Tan só o porteiro local impedía ao BM.Culleredo Construpereiro distanciarse máis e mantiña ao seu equipo con diferenzas mínimas nunha primeira parte de algarismos curtos onde as defensas se imporían claramente aos ataques. Ao descanso, 11-12 para os de Culleredo e todo por dilucidar cara á continuación.


Foi no segundo tempo cando o cancerbeiro dezano continuaría coa súa notable actuación e erixiríase como baluarte esencial para a vitoria do seu equipo. O partido romperíase entre o minuto 15 e 25, cando un parcial de 5-2, deixaría o camiño diáfano a unha vitoria local (18-23). O BM.Culleredo Costrupereiro, chegaría a errar ata cinco contraataques, un sete metros e innumerables situacións francas de lanzamento desde o seis metros. Ata unha ducia de fallos contabilizáronse en accións dun só contra o porteiro, que sumadas aos erros non forzados, serían definitivas para que os de Culleredo non trouxesen algo positivo de Lalín.


De calquera forma, boa e meritoria versión dun conxunto en crecemento e sempre competitivo, con boas prestacións defensivas e melloras importantes en cada encontro.

UPI Informática Lalín: 26(11+15). David Faile, Alejo Varela (4), Jaime Conde (3), Juan Ramón Villar (6), Sergio Munín (2), Rodrigo Abades, Diego Vázquez (2), Pablo Pérez (7), Brais Gavieiro, Adrián Hermida, Aaron Tomé, Mario García (2), Oscar Hermida, Miguel Aller.

BM. Culleredo Construpereiro: 20(12+8). Marco González (P), Marcos Regueiro (1), Adrián Veira (2), Iván Sánchez, Diego Del Río, Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (8), Daniel González (3), Josemi Martínez (2), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Teo Calvo, Anxo Negreira (1), Alejo Martínez (2).

Parciais cada 5´: 2-2 / 6-2 / 6-4 / 8-9 / 10-12 / 11-12 / Descanso / 13-12 / 16-15 / 18-16 / 21-17 / 23-18 / 26-20 / Final.

Colexiado: Lucas Crespo.

Incidencias: Partido correspondente á xornada número 7 e aprazado no seu día polos compromisos da selección galega cadete. Encontro disputado no pavillón Lalín Arena na tarde do Martes de entroido con excelente ambiente de balonmán e afluencia de público, entre os que se atopaban unha boa representación de seguidores de Culleredo desprazados ata alí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *