Saltar ao contido

TRABALLADA VICTORIA DO ‘ÓPTICA GALLAECIA’ EN ARTEIXO.

O pasado sábado, os xuvenís de liga prata afrontaban a terceira xornada da segunda fase. Desta vez tocou visitar aos veciños do Balonmán Arteixo no municipal de Galán.

Os nosos, que viñan de non coñecer a victoria nas últimas dous xornadas, encaraban este encontro con moitas gañas de levarse os dous puntos e volver a sentir as boas sensacións e o ritmo de xogo.

O partido comezaba a favor dos nosos, conseguindo cinco tantos case consecutivos nos primeiros cinco minutos, froito dunha gran labor defensiva. Pero non todo ía a ser tan sinxelo, o caracter competitivo dos locais e as imprecisións e precipitacións dos cullerdenses, facía amosar no electrónico unha igualdade notable entre ambos bandos. Foi ata o minuto 25 da primeira metade, que os nosos non conseguían irse no marcador, aproveitando os erros ofensivos do rival conseguian rápidas transicións, sendo moi efectivos nos 6m. Así conseguíamos un parcial de 4-0 e chegábamos ao descanso 19-15.

Na segunda parte, os nosos con moita seriedade, foron quen de non desaproveitar nunca esa diferenza no electrónico, manténdoa sempre e ata conseguindo rendas de seis tantos a favor. Malia iso, nos últimos compases do envite, os arteixáns probaban cunha defensa máis aberta, o que nos fixo perder o ritmo do noso ataque, pero a seriedade defensiva que amosaron estes xuvenís, foi quen de pechalo encontro con tranquilidade e moito orgullo.

Gran partido desde grupo de rapaces que volve a senda da victoria. Merecido rapaces, bo traballo!!!!!

FORZA CULLE!!!!!!!

Bm Arteixo 26-30 Bm Culleredo ÓpticaGallaecia

BmCulleredo: Dani Glez 6, Nico Vazquez 3, Álvaro 8, Teo 2, Gerpe 1, Kidus 2, Xoel Ínsua 6, Antón 1, Puga 1, Aarón, Victor (p), Javi (p).

BmArteixo: Iván Sousa 6, Adrián Novío 4, Martín Ferreño 2, Marcos Abeleira 2, Dani Glez 2, Hugo Martínez 2, Alex Martínez 4, Hugo Santiago, Hugo Montero 1, Alex Aller 2, Edu Glez (p), Alex López (p).

PARCIÁIS CADA 5':

5-2/ 6-5/ 8-9/ 11-12/ 15-15/ 19-15/ desc./ 20-16/ 22-19/ 25-19/ 26-20/ 28-13/ 30-26/ final.

ARBITRAXE:

Raquel Martínez Pita.

INCIDENCIAS:

Terceira xornada da segunda fase da liga prata, correspondendo ao cuarto derbi provincial no que vai de tempada. Encontro desputado no municipal de Galán, Oseiro.

VIDEO DO ENCONTRO:

https://www.facebook.com/arteixo.balonman/videos/640086717295257

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *