Saltar ao contido

Victoria do Abogacía Canosa en Porriño

As miniguerreiras do Abogacía Canosa visitaban unha pista moi complicada , a do Porriño , todo unha potencia do balonmán feminino en Galicia.

Pese a diferencia na táboa clasificatoria , as nosas sairon a por todas e xa nos primeiros 10 minutos o Abogacía Canosa levaba unha ventaxa de 4 goles.

Moi intensas na fase defensiva as cullerdenses conseguían roubar balóns o propiciar lanzamentos lastrados onde Aroa era quen de parar esos lanzamentos. Na fase ofensiva o pase e vais , máis transformación , faría moito daño o equipo local e o Culleredo conseguia co paso dos minutos afianzar ainda máis o resultado e irse o descanso cunha diferencia de 6 goles, o marcador reflexaba un 8-14.

Na segunda metade un cambio de actitude do Porriño fixo que o partido estivera moito máis igualado, e xusto o pasar os primeiros 10 minutos , o equipo local reduciria a diferenia a 2-3 goles que facian propiciar os nervos as cullerdenses, pero certos cambios posicionais e o espiritu de loita e sacrificio que levan a acadar estas nenas en todo o tramo ligueiro , fixieron aguantar a diferencia no marcador. Unha gran Carla Muiño levou o peso do encontro nos ultimos 8 minutos e as súas penetracións ou conexións coa Pivote Paula Peteiro fixeron que o Abogacía Canosa conseguera os 2 puntos nunha pista moi complicada como e a do Porriño.

Noraboa as miniguerreiras por este intrepido partido vivido en Porriño.

Bm Porriño: Aitana Fernández, Ainhoa Dominguez, Adriana Barreiro(11),Ana Bosque, Aldara Martinez(5),Iria Cuerdo(1),Maria Rodriguez(2),Maria Alonso(2),Emma Porto, Paola Riveiro.

Bm Culleredo Abogacia Canosa: Carla Muiño (7),Uxía Otón,Aora García, Leire Barbeito(1), Lucía Martinez(1),Paula Peteiro(8),Valentina Martinez(5),Irene Rodriguez(1), Alicia Canedo(1),Antia Ferreño, Nadia Martinez, Aldara Piñeiro,

Parciales cada 5`: 2-4/2-6/3-9/5-13/8-14/11-17/14-17/18-20/19-22/21-24

Incidencias: Xornada 14 da liga de Ouro Infantil Femenina disputado no Pavillón Municipal de Porrño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *