Saltar ao contido

Boa cara a do Fisioterapia Benestar en Porriño

O Fisioterapia Benestar xogaba ante o cuarto clasificado o Porriño , a priori asentabase que ia ser un partido cómodo para o equipo local , pero as nosas va diciamos que viñan en boa dinámica sobretodo na fase defensiva, e así foi, unha gran primeira parte do Fisioterapia na faceta defensiva e con boas pinceladas na ofensiva facía que o partido estivera moi igualado pese a pequenas vantaxes do equipo local por un e dous goles.

O finalizar a primeira parte o electrónico reflexaba un 11-8 a prol do equipo local.

Na segunda metade o Porriño decidiu atacar un 7x6 ,isto facía dudar as nosas por momentos ainda así non se perdeu a cara o partido pese a que o Porriño co paso dos minutos obtivera unha maior diferencia no marcador.

As de Culleredo seguiron protexendo a súa porteria como se fose unha final e isto tería premio xa que o Porriño durante o partido tivo moitas pérdidas de balón.

Pola contra as nosas tiñan problemas na fase ofensiva por determinados momentos ,xa que o equipo viaxou con moitas baixas que o final repercuten en certos momentos. O cansancio ia facendo mella nas cullerdenses que apenas tiñan cambios pero nunca deixaron de pelear , e pese a ser poucas en número e pese a derrota o Fisioterapia Benestar vaise de novo cunha boa cara o rematar o partido .

Felicidades polo compromiso e a intensidade mostrada as cullerdenses que seguen fiel a sua dinámica destes últimos meses, noraboa ¡

Bm Porriño: Aroha Fernandez, Sara Cortiñas, Iria Benaches(10), Aroa Gardón, Adriana Barreiro(3),Inés Iglesias (5),Ana Carnicero,Alba Martinez(2),Lucía Castiñeira (5),Arancha Fernández(1).

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Marc Martinez, Carla Bello(4),Marina Rodirguez(7),Valentina Fiuza(2),Paula Peterio(1),Noa Insua (1),Sofía Gerpe,Carla Corral.

Parciales cada 5`: 2-1/3-2/6-4/8-6/10-7/11-8/13-10/16-12/19-15/24-16/26-17.

Incidencias: Xornada 14 da liga Ouro cadete feminina disputado no Pavillón Municipal de Porriño .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *