Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es paga caro os malos finais de partido da dobre xornada

O noso xuvenil masculino de Liga Ouro tiña esta fin de semana dobre partido en Almeiras, toda vez que ademais da xornada ordinaria, co Xiria carballés, recibía á SAR de Redondela en partido aprazado da undécima xornada de liga.

Comezaba a mañá do sábado co enfrontamento cos redondeláns, e os nosos arrancaban con moi boas sensacións, mostrándose moi superiores, chegando a mandar no marcador por ata seis goles pouco despois dos primeiros dez minutos. Pero a partir do primeiro cuarto, a tónica cambiou: o Culle entrou nunha dinámica de apatía defensiva, que permitía aos xogadores da SAR, a pesares da súa inferioridade física, conseguir chegar á liña de seis metros con demasiada frecuencia, onde ao longo de todo o partido lograron minar a nosa defensa conseguindo constantes sancións de 7m. Non fomos quen de reconducir esta inercia negativa, e aínda que mandando no marcador durante todo o partido, chegamos ao final dándolle opcións ao rival, que o soubo aproveitar para levar un punto in extremis, cando o Culle non foi quen de materializar a última xogada do partido, que lle podería dar a vitoria. Ao final, un empate que tiña sabor a derrota.

Culleredo despreocupate.es 27 (17+10): Iván Manzo, Xoel Garrido (1), Martín Insua (8), Iago Chao (2), Jorge López, Lucas Sánchez, Shaiel Costa (2), Mateo Díaz (1), Nuno Loxo (6), Pablo Fariña (3), Gonzalo Palleiro (2) e Senén Garea (2).

SAR 27 (13+14): Manuel Pérez (6), Marcos Soler (4), Lucas Camiño, David Rodríguez (2), David Blanco (2), Lucas Pérez (2), Anxo Silveira, Gabriel Martínez (8), Roberto Bastos (3), Raúl Araújo, Pablo Sánchez e Alejandro Fontán.

Parciais cada 5 min: 3-1 / 8-3 / 11-5 / 13-8 / 16-11 / 17-13 (Descanso) / 17-16 / 21-20 / 25-20 / 25-22 / 27-26 / 27-27 (Final).

Árbitros: Pablo Barreiro e Christian García. Sen complicacións.

Incidencias: partido aprazado correspondente á 11ª xornada la Liga Ouro disputado no Pavillón de Almeiras.

Na tarde do domingo, o rival que visitaba Almeiras era o Xiria, equipo de máis entidade, que loita co Culleredo mantendo un virtual empate na clasificación. E os nosos rapaces saíron ao campo dispostos a lavar a mala imaxe do día anterior. E o conseguiron desde o principio: a intensidade defensiva, a colaboración entre os xogadores con constantes axudas, pero sobre todo a gran concentración colectiva na nosa área, xunto cun xogo disciplinado tacticamente en ataque, seguindo o guión marcado, conseguían que o Culleredo fose superior en todas as facetas do xogo e conseguise mandar no marcador durante todo o encontro. Ou case todo, porque a partir do minuto 55, na recta final que decide o resultado, o Culle pagou moi caros os error cometidos, e de maneira inesperada dáballe opcións aos carballeses para darlle a volta a un marcador no que sempre estiveron por detrás, opción que non desaproveitaron e conseguiron quedar, no último momento cos dous puntos, logrando o 29-30 final ante a decepción dos locais, que vían como cinco minutos malos arruinaban un partido brillante en todos os aspectos. Sen dúbida un castigo demasiado severo para o bo facer dos nosos rapaces nesta xornada.

Culleredo despreocupate.es 29 (17+12): Iván Manzo, Xoel Garrido (3), Martín Insua (5), Mateo Kidus de Salvador, Iago Chao (1), Iago Gerpe, Guillermo Puga, Mateo Díaz (3), Samuel Seijas (3), Nuno Loxo (7), Pablo Fariña (1), Gonzalo Palleiro (2), David Martínez (1) e Senén Garea (3).

Laber Xiria ‘A’ 30 (13+17): Pablo Veiga (4), Anxo Canosa (5), Julián García (5), Andrés García, Samuel Veiga, Mateo Pallas, Ángel Viña (5), Martín Fuentes (6), Samuel Regueira (1), Darío Calviño e Alberto Rodríguez (4).

Parciais cada 5 min: 2-1 / 5-3 / 8-5 / 11-9 / 14-12 / 17-14 (Descanso) / 20-17 / 23-18 / 24-22 / 26-23 / 27-26 / 29-30 (Final).

Árbitro: Pablo Torreiro. Sen complicacións.

Incidencias: partido correspondente á 15ª xornada la Liga Ouro disputado en Almeiras ante un bo ambiente con numerosos seguidores de ambos equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *