Saltar ao contido

O RAFERGAL NON PODE CONTRA O CANGAS

Derrota do Balonmán Culleredo Rafergal nun partido que rematou competindo tras unha mala primeira parte.

As de Culleredo pagaron caro unha mala primeira metade para rematar caendo fronte o Cangas a domicilio.

O Cangas marcaba o paso nos primeiros minutos. Os extremos mostrábanse infalibles no lanzamento sacando todo o catálogo para anotar.

Faltáballes continuidade as locais, que encadeaban varias perdas en ataque. Eran momentos duros e non se atopaba o camino correcto.

O paso polo vestuario ó descanso, con sete goles encontra, trouxo a mellor cara das de Rafergal, que diron un paso adiante xigante en defensa, para meterse no partido. As de Cangas souberon manexarse ben, co Rafergal encadeando varias perdas de balón e novamente con faios de lanzamento.

A mostra de orgullo quedou sen premio.

Boa demostración de orgullo e coraxe das Cullerenses, que estiveron contra a lona e levantáronse para rematar pelexando pola victoria. Faltou garra nos momento decisivos e as de Cangas consolidaban a segunda posición con estos dous puntos.

Unha lección para as de Rafergal de cara ó encontro do próximo martes fronte o Rasoeiro.

Balonma Culleredo Rafergal 17 (7+10): Diana Dozo , Adriana Antonio(1) , Anheliz Amarys Alexandre (3), Lucia Ponte ,Paula Valderrabano(4) , Candela Puga(1) , Adela Areos, Lucia Sanchez (3), Carlota Rodriguez (1), Marta Valderrabano(3), Ines Martinez, Marina Rodriguez(1), Carla Bello

Vitaldent Bm Cangas 23 (14+9): Laura Cordeiro ( 1),Nayara Pereira (4), Antia Rodriguez(2),Sara Gonzalez, Carla Vidal (1), Laura Novas , Joana Dacosta (1), Adriana Rial (1), Sabela Nores ,Lara Martin (3), Ines Bernardez (2), Navia Otero, Daniela Budiño( 1), Alexandra Freire (2), Yaiza Gil (5)

Parcial cada 5 minutos: 1-3/1-5/2-7/4-10/6-11/7-14 Descanso 8-15/10-16/12-17/14-19/16-21/17-23 Final

Colexiados: Pablo Manuel Barreiro Suárez, Christian Garcia Fernández

Incidencias: 15ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 10 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *