Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada chea de partidos, porque esta ponte vense cargadiña de balonmán! Coa maioría dos equipos desprazándose por toda Galicia para desputar as súas competicións, vense unha xornada de alta intensidade.

(IM) EMBUTIDOS LALINENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O Remax Riazor visita a pista do líder da competición, o Lalín. Partido aprazado da primeira volta, onde os dous equipos buscan a vitoria, o líder para manter e aumentar a sua posición e o Remax quere apretar ainda máis os primeiros postos da clasificación.

O espectáculo está garantizado.

(IF) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As miniguerreiras despois de apretar o partido contra as líderes da competición (SAR), buscarán en Porriño reencontrarse coa vitoria.

Prómetese un partido moi aguerrido, onde as nosas non se rendirán en ningún momento.

(CF) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

A nosas cadetes viaxan a Porriño esta fin de semana para xogar contra un gran equipo.

O Fisioterapia Bienestar buscará seguir coa boa dinámica  dos últimos partidos e poder seguir peleando os encontros con esa actitude que as caracteriza.

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS GRUPO LEMACO XIRIA “B”

O Climanosa no seu mellor momento ligueiro enfronta un novo reto, ainda que nesta ocasión o rival será o líder da competición, o Grupo Lemaco Xiria “B” de Carballo.

Un derbi provincial apaisoante no que o público de Almeiras poderá a disfrutar esta fin de semana.

(CM) GAS ABEGONDO VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Derbi provincial en Abegondo, onde o Climanosa  quere encontrarse coa boa dinámica a que están a xogar nos últimos partidos, o Abegondo defenderá os dous puntos que os auparian aos primeiros postos da clasificación.

Un derbi intenso, moi bonito de presenciar.

(CM) BM. RODEIRO COGAL VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

UPI. INFORMÁTICA LALÍN VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, terá dobre xornada esta fin de semana e é que ao encontro que lle enfrontará o sábado ás 10:15 ante o BM.Rodeiro, engádeselle o que disputarán en Lalín o Martes ante o conxunto local (19:00h Lalín Area), un partido que foi aprazado no seu día polos compromisos da selección galega cadete. Trátase de dous partidos a domicilio moi complicados e que, en caso de terminar cun balance exitoso para os cullerdenses, farán posible que estes teñan un salto cualitativo na táboa clasificatoria. O estado de forma do BM.Culleredo Construpereiro é moi positivo, así que tentarán competir e completar un fin de semana con boa nota.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS BALONMÁN CANGAS

BM CULLEREDO RAFERGAL VS BM RASOEIRO

Aproveitando o finde de Carnaval, o Rafergal disputará unha dobre xornada no seu feudo de Almeiras.

O primeiro encontor disputarase o sábado as 12:30 contra o Balonmán Cangas, un rival difícil que ven de encamiñar varias victorias consecutivas, pero de seguro co equipo local, sairá a faceller fronte.

O martes máis balonmán. De novo as 12:30 en Almeiras contra o Rasoeiro. Trátase dun partido aprazado. O Rafergal e o equipo do Grove aínda non se enfrontarán nesta Liga pero sí nos play off, quedando o equipo de Culleredo as portas da victoria, polo co partido promete estar en igualdade de condicións.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SAR

BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS LABER XIRIA “A”

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, tamén disputará dous partidos esta fin de semana e en caso de sumar o catro puntos, pasaría o mesmo que no caso do equipo cadete Construpereiro, que o salto de calidade na clasificación sería moi importante e poderíase mirar cara a cotas máis altas. A tarefa non será sinxela, xa que o sábado visitará a SAR de Redondela o polideportivo de Almeiras (10:30h), xornada aprazada no seu día por positivos COVID no conxunto redondelano. A SAR chega con moitas urxencias a nivel de clasificación, así que lle poñerá as cousas moi complicadas aos de Culleredo.

Igualmente, o Laber Xiria de Carballo chega o Domingo a Almeiras (12:30h), co obxectivo de adiantar ao BM.Culleredo Depreocúpate.es e é que estes superan aos carballeses por un punto na táboa clasificatoria. Moi ben terán que facer as cousas os locais para imporse ao conxunto bergantiñán. Antóllase clave o nivel alto da retagarda e o balance defensivo para sacar os dous puntos en xogo.

(SM) ACANOR ATL.NOVÁS VS BALONMÁN CULLEREDO

Este próximo Sábado, as 17:00h, o BM.Culleredo afrontará unha das saídas máis complicadas na primeira división autonómica. O partido que lle enfrontará ante o Acanor ATL.Novás no Rosal, será unha proba difícil ante un rival que, á parte da calidade que atesoura, engade un plus de competitividade, especialmente como local. A intensidade que os rosaleiros imprimen na faceta defensiva, é un durísimo escollo para os seus rivais e por tanto, o BM.Culleredo deberá de completar sesenta minutos con nota alta si quere traer os dous puntos en xogo. As cinco baixas coas que afronta o BM.Culleredo este encontro, é outro factor para acudir ao envite moi precavidos e responsabilizados ante o gran rival que supón o conxunto do Rosal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *