Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, SUMA UNHA NOVA VITORIA A DOMICILIO

O BM Culleredo Construpereiro logrou unha nuevo vitoria o pasado sábado, esta vez a domicilio, na difícil pista do BM.Rodeiro Cogal. Os cullerdenses dominaron de principio a fin no electrónico, aínda que algunhas lagoas durante o partido, especialmente ao comezo da segunda parte, crearon certa incertidume momentánea.
Comezou o partido cun BM.Culleredo moi serio, afianzado na sua defensa 5:1 e creando moitas dúbidas ao conxunto local. A partir do minuto cinco (3-3), o equipo de Culleredo distanciaríase no marcador e iría aumentando a súa diferenza paulatinamente, unha distancia que chegaría ata os nove goles (5-14). En canto os visitantes tocaron o teito con esa diferenza, comezaron a aparecer algúns erros non forzados e de lanzamento que facilitarían o achegamento do seu rival. A diferenza aínda era cómoda, pero víuse minguada ata os cinco goles (13-18) e habería que traballar aínda moito na segunda parte.

Foron o locais os que saíron mellor na continuación, chegando a provocar moitas dúbidas na defensa do BM.Culleredo e imprecisións no seu ataque. A renda reducíase aos dous goles (19-21) e saltaban as alarmas, especialmente porque o BM.Culleredo Construpereiro parecía noqueado e dubitativo. Foi entón cando os mozos de Culleredo demostraron a súa capacidade para recomporse e, deixando eses minutos de dúbidas atrás, volveron reaxustar a súa retagarda, situación esencial para ampliar de novo a renda ata os cinco goles que campeaban no electrónico ao descanso. Eran de novo minutos de dominio foráneo, que xa non terían resposta por parte do BM.Rodeiro e que outorgarían os dous puntos en xogo ao BM.Culleredo Construpereiro nun final sen sobresaltos, con diferenzas que se moverían entre os seis e oito goles.

BM.Rodeiro Cogal: 26(13+13). Marcos Vázquez, Xabier Montes, Cesar Moure, Roi González (11), Izán Guerra (5), Diego Fdez (1), Raul Albor (1), David Vázquez (6), Brais Calvo (1), Ibrahim Atef (1).

BM. Culleredo Construpereiro: 32(18+14). Marco González (P), Rubén Gantes (p), Iago Vázquez, Marcos Regueiro (1), David Martínez (6), Adrián Veira (3), Iván Sánchez (1), Diego Del Río (1), Samuel Seijas (9), Josemi Martínez (7), Juanfran Pazos (1), Nico Casal (1), Anxo Negreira, Alejo Martínez (2).

Parciais cada 5´: 3-3 / 4-7 / 5-9 / 5-13 / 8-15 / 13-18 / Descanso / 16-20 / 18-21 / 19-24 / 20-28 / 22-30 / 26-32 / Final.

Colexiados: Nicolás Núñez e José López.

Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da liga Ouro en categoría cadete, celebrado no pavillón de Rodeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *