Saltar ao contido

OS XUVENÍS DO BM.CULLEREDO VISITAN AUDIO-ÓPTICA GALLECIA, UN DOS NOSOS IMPORTANTES COLABORADORES

Un club como o BM.Culleredo, cunha marcada política deportiva e social, cunha idea clara na aposta polo deporte de base como ferramenta vital para crecer en valores e formar integramente ao neno ou á nena e cunha responsabilidade para co concello onde se sitúa e desenvólvese, necesita do abrigo das familias que compoñen o club e dos seus colaboradores/patrocinadores. Este crecemento, que nos sitúa quizá, no club galego que a nivel exponencial deu un maior salto canto a número de fichas (actualmente supéranse as 300 fichas federativas), implica o traballo, a colaboración e a axuda de moitas persoas e entidades e neste rango, sitúase AUDIO-ÓPTICA GALLAECIA, empresa situada no nº 156 Da Avenida De Vilaboa.

Onte mércores, os nosos xuvenís, patrocinados por AUDIO-ÓPTICA GALLAECIA, puideron coñecer as instalacións da empresa especializada en audioloxía e óptica e, da man do seu xerente, Iván Piña, pasaron un intre ameno e agradable onde se cambiaron impresións e quedaron documentos fotográficos deste vínculo entre empresa e deportistas que pretende ser un camiño de éxitos para uns e outros.

Os nosos xogadores, terminaron a xornada encantados por poder coñecer de primeira man uno dos seus apoios directos e con certeza que tomaron boa nota do excelente grupo de profesionais que, cunha atención personalizada, poden resolver os múltiples problemas de visión ou de audición desde os máis novos da casa aos maiores.
Grazas a AUDIO-ÓPTICA GALLAECIA e ao seu xerente, Iván Piña, por recibirnos e por poñer o seu empeño en axudar ao BM.Culleredo a crecer no seu proxecto deportivo e social cos mozos do noso club.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *