Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia cede dous novos puntos en Almeiras.

No pasado sábado, o xuvenil de liga prata, tocáballe recibir ao Bm Reconquista de Vigo no municipal de Almeiras na segunda xornada da segunda fase ligueira.

O partido comezaba moi mal para os nosos, con pouca intensidade defensiva e con moitas perdas de balón por imprecisións e precipitacións, tónica que nos acompañou toda a primeira parte, indo ao descanso 7-20. Demasiados goles encaixados do rival en tan só trinta minutos de xogo, amosando así unha actitude dos nosos que pouco acostumados nos teñen a vela.

Na segunda metade, os nosos cambiaban o sistema defensivo a 5.1, tentando provocar o erro ofensivo no rival. A intensidade defensiva foi en aumento, pero seguíamos sen estar cómodos en tarefas ofensivas, continuando así a perder balóns, os cales o rival aproveitaba para facer goles rápidos.

A falta de actitude lastrounos os sesenta minutos do encontro, chegando ao remate deste cun 21-34 a favor dos vigueses. É necesario esta semana poñerse o mono de traballo, facer incapé nos erros cometidos nestas últimas dous xornadas para así encarar a seguinte, que será ante o balonman Arteixo a domicilio.

Ánimo rapaces, seguimos traballando!!!!!!

Forza Culle!!!!!!!!!!!!

BmCulleredo: Kidus 2, Gerpe 1, Fariña 5, Shaiel 3, Marcos 1, Álvaro 1, Nico 2, Guille Puga 1, Diego 3, Dani Rubio 2, Teo, Anxo, Javi (p), Iván(p), Victor (p).

BmReconquista Vigo: Iago Rivas 5, Luis Alvarez 6, Andrés Glez 5, Hugo Alonso 1, Lucas García 3, Daniel Losada 3, Xose Henrique 3, Marcos López 6, Anton Crispin 1, Carlos Cubas 1.

PARCIAIS CADA 5':

0-3/ 2-6/3-8/ 5-13/ 7-16/ 7-20/ 10-22/ 12-24/ 14-24/ 15-26/ 17-31/ 21-34

ARBITRAXE:

Henrique Folgoso

INCIDENCIAS:

2ª xornada da segunda fase da liga prata desputada no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *