Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CONTINUA A SÚA PARTICULAR ESCALADA NA CLASIFICACIÓN

Fai un par de semanas que o BM.Culleredo Depreocúpate.es comezou a recuperar efectivos e desde entón, os resultados positivos acumúlanse. Dos últimos oito puntos disputados, os cullerdenses conseguiron 6 e ven como a súa posición na clasificación sobe enteiros, situándose no sexto lugar, xusto por encima do Laber Xiria, un dos rivais desta fin de semana.


O encontro do pasado Domingo en Abegondo, non foi un partido cómodo nin vistoso e a pesar de que o BM.Culleredo tomou a dianteira do choque desde o primeiro minuto e non a abandonaría nunca, o seu rival, tremendamente competitivo, non se afastou nunca máis dos cinco goles. A incertidume da posible remontada, polo tanto, sempre estivo a sobrevoar o pavillón San Marco, aínda que os de Culleredo, non pasaron apreturas reais. Nunha primeira parte onde o BM.Culleredo Despreocúpate.es dominou o xogo e o marcador con diferenzas cómodas, obráronse os cimentos para non pasar demasiados apuros na continuación, e así, ao cabo dos primeiros trinta minutos, o electrónico reflectía un resultado de 13-18, quedando aínda traballo por facer para evitar sorpresas.


No segundo acto e tras un 3-0 de parcial favorable aos locais, a situación apertábase, anunciando un momento que podería ser delicado, pero o BM.Culleredo Despreocúpate.es, sería capaz de manter a calma, recomporse ante as situacións de erros non forzados e balóns perdidos e xogar con determinación e confianza para restablecer a diferenza que lles daría a vitoria final e dous puntos importantísimos para a clasificación.

E.M.ABEGONDO: 23 (10+13) - BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES: 28 (15+13)

BM. Culleredo Despreocúpate.es: Jorge López (p), Iván Manzo (p), Xoel Garrido, Martín Ínsua (4), Iago Gerpe, Iago Chao (1), Nicolás Pérez (4), Mateo Díaz (3), Nuno Loxo (10), Senén Garea (3), David Martínez, Guille Puga, Gonzalo Palleiro (1), Shaiel Costa (2), Pablo Fariña.

Colexiados: Nicolás Núñez e José López.

Incidencias: Xornada nº 14 da liga Ouro disputada no pavillón San Marco de Abegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *