Saltar ao contido

VÍCTORIA INCONTESTABLE DO BM.CULLEREDO NO PARTIDO GALKIMIA

O pasado sábado, disputábase no municipal de Tarrío o partido Galkimia coa presenza de Isaac Cerdeira, xerente da empresa colaboradora e patrocinadora do club BM.Culleredo. Isaac, como cabeza visible desta empresa de Culleredo, puido asistir á contundente e incontestable vitoria do BM.Culleredo ante o BM. C.BM. Panadería Covas Viveiro.


A penas quince minutos foron os que resistiron os foráneos, que, aínda que sempre por detrás, mantiñan o tipo no meridiano do primeiro acto (8-6). Sería a partir de aquí cando, coas primeiras rotacións, o BM.Culleredo comezaría a conseguir parciais significativos para distanciarse de forma definitiva e deixar o encontro visto para sentenza ao termo dos primeiros trinta minutos (21-10).


A entrada na reanudación deparou un encontro sen historia, onde o alto ritmo imposto polos locais e as enerxías do seu rival, en claro descenso, debuxaban un panorama plácido para unha nova e ampla vitoria dos cullerdenses (46-17).

BM. Culleredo: 46 (20 + 27).  Antonio Vieiro (p), Cristian Vigo, Senén Garea (4), Alberto Catoira, Martín ínsua (3), Carlos Costa (3), Álvaro Fdez (3), Iago Ferreiro (7), Diego Gago (1), Darío Pérez (2), Nuno Loxo (3), Aresi Rosende (4), Daniel De Salvador (4), Dani Del Río (1), Iago Franco (5), Mario Crecente (6).

Club BM. Panadería Covas Viveiro: 17 (10 + 7). Eduard Sebastián, Eneko García, José A. Da Silva (3), José Juan Fdez (1), Oscar Díaz (1), Federico E. Pulleiro, Andrés Rivera, Gabriel Mariño, Brais Fara, Manuel Vázquez, Ramón Martínez, Aitor Freiría (10), Yotuel Durán (1), Álvaro M.Rivas (1).

Parciais cada 5´: 4-2 / 6-3 / 8-6 / 12-7 / 16-10 / 21-10 / Descanso / 25-11 / 29-11 / 34-13 / 37-15 / 42-17 / 46-17 / Final.

Árbitros : Henrique Folgoso e Iván Hernández. Sen complicacións.

Incidencias:  Xornada 16ª na 1ª autonómica masculina. Partido Galkimia, disputado no municipal de Tarrío con boa entrada de público e coa presenza de Isaac Cerdeira como xerente da entidade colaboradora co BM.Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *