Saltar ao contido

NOVA VITORIA DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO NUN ENCONTRO DESIGUAL

O BM.Culleredo Construpereriro, conseguíu derrotar este pasado sábado ao Gasoleo Rivera de Carballiño e así sumar dous novos puntos que ratifican aos nosos na sexta praza da clasificación.


O partido, disputado no municipal de Almeiras, foi un duelo desigual entre o sexto e o último clasificado e decantouse para os cullerdenses de forma evidente desde os primeiros minutos. A superioridade do conxunto local manifestouse desde o aspecto técnico táctico ata o numérico e é que o conxunto do Carballiño acudíu ao partido sen posibles recambios, ao facelo con só sete xogadores de campo. No inicio, co deposito repleto de enerxía por parte do conxunto visitante, as diferenzas establecíanse contorna aos tres e catro goles, pero foi a partir do minuto vinte e cando o BM.Culleredo Construpereiro xa contaba con varias rotacións, o momento onde os algarismos se disparaban cun 7-1 de parcial que deixaba o envite virtualmente visto para sentenza ao termo do primeiros trinta minutos (20-11).


As diferenzas no xogo foron máis notables e aumentaron paulatinamente no segundo acto, sen máis historia que a de ver en liza a todos os xogadores cullerdenses. A participación activa de todo o cadro de persoal e as rotacións, facilitaron un ritmo alto de xogo ao longo dos sesenta minuto para asinar esta nova e importante vitoria (40-21).

BM. Culleredo Construpereiro: 40(20+20). Marco González (P), Marcos Regueiro (3), David Martínez (3), Adrián Veira (2), Iván Sánchez, Diego Del Río (4), Aaron Blanco (6), Antón Pérez (2), Samuel Seijas (2), Josemi Martínez (1), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (6), Álvaro Siso (4), Anxo Negreira (3), Alejo Martínez (4).

Gasoleos Rivera: 21(11+10). Víctor Fentanez, Cristian González (2), Mauro Castro-Gil (10), Pedro Castro (3), Antón Castro-Gil, Alex Lorenzo, Diego Corral.

Parciais cada 5´: 3-1 / 7-3 / 10-7 / 13-10 / 17-10 / 20-11 / Descanso / 23-12 / 28-14 / 31-16 / 35-18 / 37-20 / 40-21 / Final.

Colexiado: José Henrique Folgoso.

Incidencias: Xornada nº 13 da Liga Ouro en categoría cadete masculino, disputado no pavillón municipal de Almeiras con boa entrada de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *