Saltar ao contido

Boa imaxe do Fisioterapia Benestar

Pese a derrota boa imaxe de Fisioterapia Benestar que recupera o bó xogo tanto na fase defensiva como ofensiva .

Un rival superior como a Sar de Redondela visitaba Culleredo , as nosas guerreiras sairon concentradas e competiron os primeiros 15 minutos con moito desparpaxo. A Sar puido dar un pequeno arreón e desmarcouse no marcador, primeiro cunha ventaxa de 3 goles e para rematar a primeira parte de 6 goles, unha pena certos erros de lanzamento que propiciaban contrataques a prol do equipo visitante de ahí a maior diferencia no marcador . Isto nos levaba ao descanso cun 10-15 no electrónico.

Na segunda metade as nosas querían acurtar esa diferencia pero non era posible, o ataque cullerdense desmantelabase polos golpes francos continuos da defensa de Redondela, unha intensa defensa que o Fisioterapia non era quen de superar, a diferencia aumentaba co paso dos minutos pero o equipo cullerdense non perdía a cara o partido , estas nenas nunca se renden e loitan sempre ata o pitido final do encontro .

O final 20-30 no marcador demostrando a superioridade do equipo rival pero co Fisioterapia Benestar mostrando outra cara despois do último partido fora da casa.

Forza Culle.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Marc Martinez, Maria Bescansa(4), Carla Estraviz, Noa Insua, Paula Peteiro , Valentina Martinez, Carla Muiño, Paula Vidal (2),, Carla Bello, (5),Marina Rodriguez(9), Sofía Gerpe.

Bm Sar Redondela: Julia Gonzalez, Rebeca Vidal (4),Alejandra Buján (2),Dania González(4),Sara López (2),Celia Couñago, Emma Gómez (4),Aitana Fernández (3),Laura Villar (6).

Parciales cada 5`: 2-2/3-6/5-8/7-11/10-15/12-18/13-21/15-24/17-26/20-30.

Incidencias: Xornada 13 da liga de Ouro cadete feminina, disputado no Pavillón Municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *