Saltar ao contido

O Abogacía complicou ao lider en Almeiras

Vendeu moi cara a derrota o Abogacía Canosa en Almeiras ante a visita do lider da cometición , a Sar de Redondela.

Un comezo de ti a ti onde golpeaba primeiro o equipo visitante pero que pouco a pouco as nosas ian collendo ritmo de partido . O ritmo era moi alto , os dous equipo con defensas abertas propiciaban moitas pérdidas de balón e contrataques, O Abogacía Canosa nun momento dado tiña máis ritmo de partido , pero sendos fallos de lanzamentos dende os 7 metros e outros dende 6 metros lastraban o equipo cullerdense , xa que a Sar non perdoaba e sobretodo nos últmos 5 minutos da primeira parte onde o equipo visitante o lider deu un golpe na mesa e foise por unha diferencia de 6 goles o descanso .

As nosas xa as coñecemos e sabiamos que non ían tirar máis minutos a borda , e asi foi , sairon moi enchufadas co plan de partido e pese que a Sar aguantou a embestida cullerdense , nos últimos 5 minutos o culle puido acercarse moitisimo máis e estar a disputar os dous puntos ante o lider da categoría.

Moi bó partido das nosas que pese a derrota nunca perden a cara o partido , moita emoción a vivida un fin de semana máis en Almeiras.

Bm Culleredo Abogacía Canosa: Aroa Garcia, Nadia Martinez, Uxía Otón, Lucía Martinez, Leire Martinez(3), Alicia Canedo , Valentina Martinez (8),Irene Rodriguez (4),Paula Peteiro(3),Carla Muiño (5),Anti Ferreño (1), Aldara ,Lucía López.

Bm Sar de Redondela: Helena Gonzalez(6), Leire González(6),Uxía Crespo (6),Silvia Varela(5),Carlota Vieiro(2),Elsa Lago (1),Ainhoa Iglesias, Candela Martinez, Paula Correa.

Parciales cada 5`: 2-2/5-6/7-8/8-11/10-16/13-19/17-22/20-25/20-26/23-27.

Incidencias: Xornda 13 da liga de Ouro infantil feminina, disputado no Pavillón Municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *