Saltar ao contido

O Climanosa en fase ascendente.

Terceira victoria consecutiva do Climanosa que acércase a os postos medios da táboa.

Intensisimo partido disputado en Arteixo , onde os nosos dende o primeiro instante foron por diante no marcador. Na fase ofensiva o Climanosa conseguia estar cómodo nos inicios do encontro , ainda que na fase defensiva conseguía boas sensacións o Arteixo meditante fixacións impares , acadaba o gol para seguir presionando o Climanosa que pese a ter una ventaxa de 2-3 goles, o partido tiña unha liña de igualdade. Puido romper esa diferencia o equipo cullerdense pero certas accións de contataques non puideron ser aproveitadas.

O Descanso 14-16 a prol dos cullerdenses.

Na segunda metade o Arteixo saiu moito máis enchufado nos primeiros 10 minutos ainda así o Climanosa mantivo o tipo e puido seguir mostrando unha regularidade defensiva que era o que o aguantaba no partido xa que en ataque os erros de lanzamento lastraban ao equipo cullerdense.

Os últimos minutos foron de infarto , unha intensa e longa defensa do culleredo para poder gañar o partido parecía non ser suficiente e o Arteixo a al falta de 5 segundos tiña un 7metros a favor que non materializaría en gol, e o Climanosa levaríase os dous puntos do encontro.

Noraboa o conxunto cullerdense.

Bm Arteixo: Roi Mouron, Marcos Abeleira(10),Alex Tajes (1),Gabriel Ricardo,Lucas Lopez(4),Marcos Vázquez (5),Hugo Rodriguez (8).

Bm Culleredo Climanosa: Rubén Gantes, Hugo Vazque(2),Anxo Garrido (2),Bruno Pardo(4),Nicolás Arias,Iago Váquez(6),Bieito Muiña(1),Xoel Insua (3),Félix Noya (2),Nicolás Casal (9),Mario Sánchez,Mateo Pérez (2)

Parciales cada 5`:2-2/4-6/7-8/9-12/14-16/16-17/20-21/22-24/24-26/27-28/29-30.

Incidencias: Xornada 16 da liga de prata cadete masculina , disputada no pavillón municipal de Galán , Arteixo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *