Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Xornada plagada de partidos na casa, con ata 8 encontros de categoría alevín e moitos máis do resto de categorías femininas e masculinas. Revisa os horarios e non te perdas o espectáculo do balonmán en Culleredo!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS SAR RODAVIGO “A”

As nosas miniguerreiras buscan a segunda vitoria consecutiva despois de gañar nun bo partido ó Balonmán Tui, nesta ocasión visítanos a SAR de Redondela, un conxunto moi intenso que está a loitar nos postos altos da clasificación. Dous equipos intensos que se enfrotarán en Almeiras por esos 2 puntos tan cotizados.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS BM LÍNEA 21

Os rapaces do Sutenor afrontan a primeira hora deste domingo a derradeira xornada ligueira fronte aos veciños do Línea 21. Tras unha tempada de crecemento e algo irregular, os nosos rapaces veranse por terceira vez na tempada fronte ao equipo de Mesoiro, encontro no que veremos se somos quen de volver a superar a súa dura defensa. Parte importante do partido pasa pola nosa disposición defensiva e a capacidade de xerar dudas e roubar balóns por parte dos nosos avanzados, sempre cubertos polos exteriores e o central defensivos.

De seguro que veremos un partido intenso e de calidade para pechalo campeonato!

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS SAR RODAVIGO “A”

O Fisioterapia Benestar quere facer borrón e conta nova tras o último partido e volver a senda da boa dinámica que estaba a ter anteriormente. Non toca o equipo axeitado, xa que a SAR de Redondela virá a por esos 2 puntos que se disputarán en Almeiras.

(CM) TELEPIZZA ARTEIXO VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa quere conseguir a terceira  victoria consecutiva na súa visita aos nosos veciños do Arteixo.

Un Arteixo que se basa nun intenso plan defensivo, onde quere poñer sempre en apretos ao rival.

O partido de ida xa foi moi entretido e este apóstase que tamén.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS GASOLEOS RIVERA

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, disputará esta fin de semana no polideportivo de Almeiras, a 13ª xornada da liga Ouro en categoría cadete masculino. Os cullerdenses reciben ao equipo Gasoleos Rivera de Carballiño, nun duelo que se prevé desigual co BM.Culleredo ocupando a sexta praza da clasificación e o conxunto de carballiño cerrando a mesma sen poder estrear a súa marcadora de puntos aínda. No entanto, os de Culleredo deben de fuxir de confianzas e darlle a seriedade que merece ao encontro e o respecto ao rival, afrontando o envite cun talante competitivo sobresaiente na busqueda da mellora a nivel grupal e dos dous importantes puntos en xogo. O encontró dará comenzó as 11:00h do sábado 19.

(XF) SAR RODAVIGO VS BM CULLEREDO RAFERGAL

Parece que a 2ª volta está a ser costa arriba para o equipo do Rafergal, pero non tira a toaia. Esta fin de semana unha nova oportunidade para vir con dous puntos de terras pontevedresas.

O encontro terá lugar o sábado 19 de Febreiro no Pavillón Municipal de Redondela A Bombonera en horario matinal 11:30.

(XM) E.M ABEGONDO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, desprazarase o Domingo a Abegondo para disputar ás 10:30h o encontro que lle medirá ás EM. Abegondo, na que será a 14ª xornada da liga Ouro en categoría xuvenil masculina. Despois da excelente vitoria a pasada fin de semana ante o Luceros de Cangas, os de Culleredo desexan enlazar dous novos puntos e continuar a súa senda positiva, aínda que non será sinxelo ante un conxunto que, a pesar de sumar só dous puntos na clasificación, móstrase sempre competitivo, especialmente cando actúa como local. O BM.Culleredo deberá de facerse forte desde a retagarda, conseguindo ademais, que o aspecto grupal e colectivo domine por encima de accións individuais en todas as fases do xogo. O partido disputarase no pavillón San Marcos.

(SM) BM. CULLEREDO VS CLUB BALONMÁN PANADERÍA DE COVAS VIVEIRO

Este próximo Sábado, as 19:00h, o BM.Culleredo disputará no municipal de Tarrío a xornada 16 da 1ª autonómica en categoría senior masculina. Será o partido GALKIMIA, fiel patrocinador do noso clube e, sobre o papel, tratarase dun duelo desigual, xa que visita Culleredo o último clasificado da táboa, o Club Balonmán Panadería De Covas Viveiro. No entanto, os doce puntos que separan a ambos os conxuntos na liga e que o sitúan na loita por obxectivos totalmente antagonistas, poden ser a peor trampa para os locais, que deberán saír á pista con seriedade e concentrados para evitar posibles sorpresas. O BM.Culleredo deberá de impor o seu ritmo desde a defensa  e trasladar a súa idea de modelo de xogo durante os sesenta minutos ao 40x20 do municipal de Tarrío. Os puntos en xogo a estas alturas do campionato, son o suficientemente importantes como para non dar ningunha concesión e fuxir dos excesos de confianza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *