Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Nosolomadera!

Desta vez queremos presentarvos a unha importante e profesional empresa de carpintería que traballa a nivel internacional, Nosolomadera, un dos novos colaboradores do clube.

Nosolomadera naceu en 2014, está formada por un amplo grupo de profesionais e dirixida por Ramón, unha persoa que leva toda a vida ligada a este sector. O equipo profesional da empresa garanten un servizo de calidade, nun equipo composto por:

  • Xerencia.
  • Departamento de administración e RRHH.
  • Departamento de deseño.
  • Oficina técnica.
  • Sección de carpintería e montaxe,

Poderedes atopalas súas oficinas no Polígono Empresarial Alvedro, Nave, A-47 e acudir a elas de luns a venres de 07:00 a 15:00.

Dentro dos ámbitos que traballan podemos diferenciar:

  • Reformas de vivendas.
  • Industria (tanto na creación de oficinas como retail).

REFORMAS DE VIVENDAS

Dende Nosolomadera encárganse da carpintería ao completo da túa vivenda, ofrecendo un servizo completo (armarios, portas, cociña, etc.).

Ademáis, a diferenza entre Nosolomadera e outras empresas similares é que estos poden encargarse de facerche a reforma integral, ocupándose de todo o que precises máis alá da carpintería. Para poder darche todo esto, a empresa conta con diversos colaboradores profesionais doutros ámbitos e encárganse de crear ou suministrarche todo o mobiliario que precises. Desta forma non vas a ter que preocuparte de ninguna peza do teu mobiliario, xa que dende un principio se encargarán de que teñas todo o necesario.

Sen dúbida, un aspecto a destacar é a atención personalizada que che ofrece Nosolomadera, xa que dende un principio se encargan de adecuar a reforma ao presuposto que o cliente lles marque, realizan un pequeno estudo co cliente para adaptar todo ás necesidades do día a día do mesmo e contan con unha responsable de deseño que lle dará un toque persoal á túa vivenda.

En definitiva, podemos dicir que dende Nosolomadera se encargan de todo para que ti te despreocupes, ofrecendo un cómodo servizo de “chave en man”.

INDUSTRIA

Un dos ámbitos aos que se dedican a nivel internacional é tanto á creación de habitacións para hoteis como de establecementos de retail, traballando con grandes cadeas de retail e hoteleiras.

Así mesmo, tamén se encargan de crear de forma completamente integral oficinas, encargándose ao igual que da vivenda de todos os aspectos que precises, incluso do suministro de mobiliario e o deseño das mesmas.

¿POR QUE APOIA NOSOLOMADERA O DEPORTE?

Ao facela pregunta, Ramón ten moi claro o motivo, sendo unha motivación súa a nivel persoal. Dende pequeno, valorou moito o que aporta o deporte, esa liberación e os aprendizaxes que este conleva, sendo aínda a día de hoxe unha parte importante do seu día a día.

Para Ramón, o deporte é claramente un elemento que axuda sobre todo a facernos comprender o que é o esforzo e a loita por superarse e dinos que para el é un aprendizaxe fundamental que podemos trasladar a outros aspectos na vida. Os aprendizaxes derivados do deporte son unha ferramenta que nos poden axudar a cumplir os nosos obxetivos na vida, que nos motiva a superarnos e ser mellores no noso; aprendizaxes imprescindibles na vida.

Por estas razóns, considera que dende Nosolomadera poden ser unha axuda para facilitar que todo aquel que queira practique deporte e adquira todos esos valores.

OPORTUNIDADE DE TRABALLO

Dende Nosolomadera sempre están abertos a ampliar a súa plantilla, crecendo como empresa cada día e por eso ti podes ser o/a próximo integrante deste grupo. Sen dúbida, os coñecementos básicos son necesarios, pero tal e como nos indicaba Ramón, teñen varios empregados que comezaron con moi pouca experiencia ou coñecementos e agora mesmo son auténticos profesionais pola súa actitude e as ganas de superarse. Non o dubides, contacta con eles e demostra que podes ser unha persoa válida e un futuro profesional do sector.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *