
Nova xornada en Tarrío para os nosos senior, que unha semana máis loitarán por seguir enganchados aos postos máis altos da clasificación e loitar polo campionato ligueiro!
O partido Galkimia xogarase en Tarrío fronte ao colista do campionato, Panadería de Covas Viveiro, que de seguro se deixará a pel por levarse os 2 puntos da nosa casa e saír dese último posto.
Non te perdas esta nova cita co mellor balonmán en Culleredo!
ENTRADAS
Recorda que se eres soci@ non é preciso que collas entrada, entras directamente co QR de soci@ do clube. Para tod@s aqueles que non o sexan pinchade no seguinte link e non vos quededes sen a vosa entrada!
