Saltar ao contido

Mal comezo para o Óptica Gallaecia na segunda fase da liga prata.

O pasado sábado, o grupo xuvenil de liga prata comezaba a segunda fase da súa competición ligueira, que enfronta os terceiros e cuartos clasificados de cada grupo que compite nesta liga. Tocábanos recibir ao histórico Cisne Colegio los Sauces 'B'.

O encontro non comezaba ben para os nosos, os despistes defensivos eran ben aproveitados polos pontevedreses, e a falta de concentración no ataque posicional xunto coas precipitacións e as ansias de gol nas transicións á portería rival, lastraban constantemente as opcións de enchelo marcador. Ao final da primeira o resultado reflexaba unha diferencia clara no 40x20 de 11 tantos a 16.

Na segunda metade, os nosos saían con gañas de darlle a volta ao encontro, cunha millor actitude defensiva e con máis claridade no posicional, íamos recortando diferenzas. Pero non todo ía a ser tan sinxelo, en fronte tiñamos a un grupo de rapaces, que pese as baixas foron quen de competir e plantar cara aos nosos, non dando por perdido ni unha sola acción. Os nosos, xa derrotados non foron capaces de sacar a garra e o espirito que levan amosando ata agora.

Destacar o debut de dous cadetes na categoría xuvenil, Antón e Anxo, que desputaron minutos e colleron sensacións boas para participar máis a cotío nesta categoria.

Unha mágoa esta derrota para este grupo de rapaces, que non tiveron o día. Borrón e conta nova para preparar con gañas o seguinte desafío. As derrotas tamén nos axudan a medrar. Seguimos traballando!!!!!!

FORZA ÓPTICA!!!! FORZA CULLE!!!!

BmCulleredo 35-24 CisneB

BmCulleredo: Shaiel 4, Puga 4, Fariña 6, Teo 2, Nico 2, Álvaro 2, Kidus 3, Xoel 1, Antón, Anxo, Javi, Iván

Cisne B: Manuel Torres 5, Salvador Montes 7, Eber Dacosta 7, Iker Latas 7, Ignacio Álvarez 6, Gabriel Camilo 2, Enrique Lorenzo 1, Luis Fernández

PARCIÁIS CADA 5':

2-3/ 3-4/ 5-9/ 9-11/ 11-16/ DESC./ 15-17/ 18-22/ 19-26/ 21-29/ 22-33/ 24-35/ FINAL.

ARBITRAXE:

Pablo Barreiro e Christian García.

INCIDENCIAS:

Primeira xornada da segunda fase da liga prata desputada no municipal de Almeiras

FOTOS DO ENCONTRO:

https://photos.google.com/share/AF1QipMmzyqrW5p0H7-8sE8vfAxBhygLJu21KECfik2P7w-wuPdjO5xQ_WVyJBalVOvKIw?key=OHhBNkhkV0pwQk9ySHc5QnU1S0ZxSk5lV2U1Q3pB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *