Saltar ao contido

Nova e importante victoria para os cadetes do Climanosa!!

Este pasado domingo, os cadetes de liga prata recibían ao Balonmán Viveiro no municipal de Almeiras na xornada número quince.

Os nosos, que logo doutra victoria importante o pasado fin de semana a domicilio ante o Balonmán Pontedume, encaraban este encontro coa responsabilidade e a convicción de que eses dous puntos quedasen na casa. Comezábamos fortes en defensa, cun sistema 6.0 moi férreo e con moi boas axudas, cómodos e sempre dispostos a correla contra a portería rival, poñendo sempre en apretos ao ataque rival, e aproveitando a segunda ondada con situaciones claras de gol. Malia iso, o caracter competitivo dos de Viveiro, facía que non acabásemos de estar cómodos e poder distanciarnos no electrónico. Sempre con rendas de tan só un ou dos tantos a favor, os nosos pelexaron todo o encontro con uñas e dientes, con disciplina e seriedade digna de eloxio.

Na segunda metade, o Viveiro acercouse moito no marcador, pero os nosos foron quen de marcalo ritmo do xogo e tras un tempo morto pedido polos locais, o Climanosa exprimíu todos os seus folgos para conseguir un parcial de 4-2 nos 5 minutos finais e así sentenciar o encontro.

Noraboa rapaces, seguimos medrando!!!!!!

FORZA CLIMANOSA! FORZA CULLE!

BmCulle Climanosa 29-25 Balonmán Viveiro

BmCulle: Hugo Vázquez, Bruno 3, Nico Arias 5, Nico Díaz, Iago Vázquez 4, Pestonit 1, Xoel 1, Féliz 4, Casal 6, Mario 1, Álvaro 4, Mateo, Bieito, Rubén (p).

Balonmán Viveiro: Héctor Umpierrez, Pablo Piñón 1, Alex López , Mael Pérez 7, Lucas Méndez 11, Pablo Gallego, Bryan Castillo 1, Héctor López, Gabriel Mamani, Edgar Duran 5.

PARCIAIS CADA 5':

2-1/ 3-4/ 8-6/ 12-8/ 14-10/ 17-12/ desc./ 17-14/ 18-16/ 20-18/ 23-21/ 25-23/ 29-25/ final.

ARBITRAXE:

Pablo Torreiro e Renzo Martín.

FOTOS DO ENCONTRO:

https://photos.google.com/share/AF1QipNI_YlbrACuGy4MKnwQz69iXfve98OAOlr_b15k4ECXEHuAVgVyWWRfVkPqhlG4PQ?key=d0Q0bnJhSE56cjQwZ3d1NzlHeThYcUFheURES2ZR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *