Saltar ao contido

Derrota do Fisioterapia en Redondela

Unha maña e un viaxe moi longo para as nosas xogadoras do Fisioterapia Benestar que visitaban Redondela para xogar contra as Choqueiras.

O equipo cullerdense viaxaba con certas baixas que mermarían sobretodo a fase defensiva do club cullerdense.

Un incio de partido un poco irregular sobretodo na fase ofensiva onde o ataque cullerdense non era capax de encontrar porteria , o equipo local estaba moi intenso na fase defensiva e provocaba axudas defensivas que permitian que o culle parara o xogo continuamente xa que non había continuidade non xogo colectivo.

Isto co pasos dos minutos agrandábase e as Choqueiras ían collendo ainda máis renda no marcador ata chegar o descanso cun 10-5 . Un marcador mui curto ofensivamente para o Fisioterapia Benestar que non estaba cómodo na pista de xogo .

Na segunda metade o equipo local mantivo a intensidade defensiva e as nosas non eran quen de encontrar boas situación de xogo, había unha incomodidade que non permitia que o culle lograse boas acción de xogo de cara ao gol .

Na fase defensiva tampouco se encontraba unha zoa de confort , ainda así as nosas non rendirían e pese a ir por debaixo no marcador , a defensa cullerdense cun cambio de actitude conseguía recuperar certos balóns na fase defensiva grazas a un gran esforzo colectivo.

Un viaxe longo que pesou no partido para o Fisioterapia Benestar que viña de moi boas sensacións nos últimos encontros.

Agora toca traballar moito esta semana para recuperar a senda do bó xogo que estaban a facer nas xornadas anteriores.

Forza Culle.

Bm Choqueiras Redondela:Maria Docampo, Candela López,Lourdes Rodriguez(2),Paula Rodriguez(1),Ainhoa Estévez(7),Estela Misa(9),Ania Martinez,Gema Miguelez.

Bm Fisioterapia Benestar: Marc Martinez, Carla Bello(2),Marina Rodriguez(3),María Bescansa (4),Paula Vidal (2),Valetina Martinez,Carla Muiño, Noa Insua, Sofía Gerpe,Carla Estraviz, Carla Corral.

Parciales cada 5`:1-1/2-2/4-2/5-3/8-4/10-5/13-5/16-6/18-7/19-10/20-10.

Incidencias: Xornada 12 da liga Ouro Cadete feminino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *