Saltar ao contido

Gran partido e victoria do Abogacía Canosa.

Madrugón das nosas para comezar a xogar a segunda volta da competición ligueira, nesta ocasión visitábamos ao Balonmán Tui.

As nosas comezaban o partido moi ordenadas na fase defensiva , iso facía estar maís tranquilas en ataques a pesares de non comenzar con bó ritmo na fase ofensiva.

Co pasos dos minutos esa seguridade que había cando as nosas defendían pasouse tamén ao ataque , cun procedimiento de pase e vais co pivote e a primeira liña , o equipo cullerdense conseguía marcar gol e poder ter unha ventaxa no marcador de 2-3 goles que se consolidarían ata o final da primeira parte. 10-12 no electrónico.

A segunda metade pese a xa ter unha ventaxa no marcador o Abogacía Canosa saiui moi enchufado e nos primeiros 10 minutos tan só encaixou 3 goles, isto o aproveitou o Abogacía Canosa, que tanto cos desequilibrios de Valentina Martinez e o xogo sen balón de Carla Muiño facian aumentar a renda ata os 7 goles. O culle continuou co mesmo plan ata o final do encontro, moita profundidade defensiva para interceptar balones e axudas defensivas ante o error, algo clave para poder cerrar a porteria cullerdense. onde Aroa puido axudar tamén a deter tanto lanzamentos exteriores como lanzamentos dende os extremos.

O final do encontro moita ledicia para as nosas que se reencontran cunha vicotria que estaban a buscar.

Felicidades pola loita e compromiso deste equipo que está a crecer cunha boa dinámica e ilusión

Forza Culle.

Bm Tui: Naiara Lorenzo, Uxía Vidal (2),Uxía Soliño (5)Lucía Figueroa,Lía Salvado(7),Telma López,Mara Fernández,Lucía Nuñez(3),Carla Giraldez,Daniela Vaz.

Bm Culleredo Abogacía Canosa: Aroa García, Carla Muiño(8),Uxía Otón, Aldara Piñeiro, Adriana Vázquez,Irene Rodriguez(1),Valentina Martinez(10),Lucía Martinez(1),Paula Peteiro(3),Nadia Martinez, Leire Barbeito(3), Alicia Pérez.

Parciales cada 5´: 2-2/2-4/5-8/9-12/10-12/12-16/13-20/15-21/16-23/17-26.

Incidencias: Xornada 12 da Liga Ouro Infantil femenina disputada no Pavillón Municipal de Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *