Saltar ao contido

Victoria in extremis do Remax Riazor en Pontevedra

O Remax visitaba o segundo clasificado do campionato , despois de caer derrotado en Lugo en un partido un poco irregular, os nosos volvían con moitos folgos a pista deportiva.

O inicio de partido cae de cara o equipo local que con ataques sinxelos conseguía gol mentres os nosos moir fríos desperdiciaban a fase ofensiva perdendo balóns na circulación de balón. 6-2 nos primeiros 8 minutos de xogo , o Remax Riazor parecía que non estaba metido no partido , pero un cambio de actitude defensiva, a aportación de Hugo Diaz na porteria e a velocidade de circulación de balón na fase ofensiva facían que o Culleredo empatara o partido cun parcial de 4-0 que obrigaba o entrenador local a pedir un tempo morto .

A partir deste instante o Remax Riazor tomou o control do encontro , con vantaxes de 2-3 goles ata finalizar a primeira parte e chegar o descanso cun 12-14 a prol dos cullerdenses.

Xa na segunda metade o Remax seguiu fiel o seu patróns de xogo , moita intensidade defensiva ,e moita disciplia na fase ofensiva.

Nesta últma fase comentada, o Culle repercutía constantemente cun inicio de pase e vai máis desmarques sen balón para poder superar a defensa 6:0 do equipo pontevedrés , e Jorge Outón non ía desaproveitar estas ocasión , primeiro xogando 1x1 ou cun xogo colectivo no que o equipo cullerdense conseguia acción de gol movendo o balón dun lado a outro ou buscando a conexión directa para o gol cos pivotes Jaime Serrano e Teo López.

Cunha ventaxa de 4 goles a falta de 6 minutos o Cisne apretou e unha serie de ataques cullerdenses fallidos facía que todo o control de xogo do culleredo desmonorarase para empatar o partido o Cisne e a falta dun minuto ter balón para gañar. Pero ahí a apareceu una característica fundamental na base cullerdense , o espirítu e compromiso defensivo para defender ata tres accións consecutivas tras recoller os rechaces de xogo o equipo pontevdrés. Unha vez recuperado o balon tras sendas paradas de Hugo Díaz, o Remax Riazor a falta de 13 segundos tivo posesión de balón e foi fiel a súa disciplina táctica, e seguiu xogando o mesmo de todo o partido, pase e vai máis desmarque sen balón , isto o aproveitaba Jorge Outón para materializar o gol do triunfo a tan só 1 segundo do pitido final do partido .

Gran partido o vivido no Municipal de Pontevedra onde O Remax Riazor non se quere desprender dos primeiros postos da clasificación e poder loitar ata o final por esos primeiros postos da clasificación.

Forza Culle.

Bm Cisne: Antonio Lino, Brandon Ferrera(3),Pablo Pazos(6),Román Latas(1),Pedro Gutierrez(4),Roque Díaz (5), Tomás da Silva, Carlos Redondo,Ernesto Sánchez,Xoel Lago,Yago Martinez.

Bm Culleredo Remax Riazor: Hugo Díaz, Teo López(3),Fabián Manzo(2),Xoán Bello(4),Jorge Outón(10)Jaime Serrano(5),Iago Allegue(2),Jairo Candamio (1!),Hugo Bermúdez.

Parciales cada 5`: 3-1/6-2/6-6/7-9/12-14/13-16/15-18/17-20/20-24/26-27.

Incidencias: Xornada nº 12 da Liga Ouro Infantil masculina disputada no Pavillón municipal de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *