Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, COMPITE ANTE O BM.CISNE A PESARES DERROTA

O BM.Culleredo Construpereiro, saldou con boa nota a súa visita ao Cisne Colegio Los Sauces no municipal de Pontevedra e é que os cullerdenses, competiron moi dignamente e sen complexos ante un dos grandes favoritos ao título.


Sen ir máis lonxe e despois dun comezo irregular e titubeante, o conxunto de Culleredo chegaría a remontar ata seis goles para irse ao descanso cun resultado de 18-16 e meterse de cheo no encontro. As perdas de balón e os erros non forzado,s facilitaran que os locais se fosen ata os oito goles de diferenza no primeiro meridiano, pero o BM.Culleredo Construpereiro reaccionaría de forma excepcional e, asentándese co paso dos minutos no 40x20 do municipal da cidade do Lerez, completaría unha última parte do primeiro acto repleta de accións positivas e alta eficacia para situarse preto do seu rival.


No entanto, os locais entrarían na continuación dispostos a evitar sorpresas e poñendo toda a súa artillería e superioridade física sobre a pista, conseguirían abrir brecha e moverse cunha cómoda diferencia contorna aos dez goles, que ao cabo sería insalvable.

Derrota polo tanto do BM.Culleredo Construpereiro que non embaza o bo facer e crecemento do conxunto, que no día de hoxe, ademáis e a pesares de contar con algunhas baixas, tivo como punto positivo a participación activa de Rubén, Álvaro, Iván e Nico do BM.Culleredo Climanosa. Noraboa para eles tamén, que co seu traballo e progresión, entraron nesta convocatoria dá Liga Ouro por dereito propio.

Cisne Colegio Los Sauces: 36 (18+18). Mauro Lago (1), Mateo Castro, Xoán Fdez (7), Miguel Domínguez (4), Adrián Pérez (2), Breixo Fentanes (4), Pedro Fdez-Couto (10), Adrián Rey (5), Antón Rodríguez, Manuel Hernández (1), Pablo Pazos, Roi García (2), Hugo Casal.

BM. Culleredo Construpereiro: 26 (16+10). Marco González (P), Rubén Gantes, Álvaro Siso, Iván Vázquez, Nicolás Casal, Iván Sánchez (6), Diego Del Río, Aaron Blanco, Samuel Seijas (8), Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (2), David Martínez (5).

Parciais cada 5´: 6-2 / 8-4 / 11-5 / 12-8 / 17-13 / 18-16 / Descanso / 23-16 / 26-18 / 27-20 / 31-22 / 34-23 / 36-26 / Final.

Colexiado: Cesar Díaz.

Incidencias: Encontro da xornada nº12 na Liga Ouro cadete masculina. Boa entrada no pavillón Municipal Dos Deportes de Pontevedra, para presenciar un entretido partido de balonmán.

Ligazón para ver o partido:

https://www.youtube.com/watch?v=cW3cd8zgBF4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *