Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es non tivo opcións ante o Cisne en Almeiras

No partido disputado na mañá do sábado en Almeiras, o noso equipo xuvenil da Liga Ouro masculina veuse superado polo Cisne Colegio Los Sauces, actual líder da clasificación e máximo favorito para conseguir o campionato. Sabíamos da dificultade do enfrontamento, tendo en conta o nivel do equipo rival, que conta con varios xogadores internacionais, pero iso non bastaba para amedrentar aos nosos, que saíron ao campo decididos a dar o máximo e poñerlles as cousas difíciles aos pontevedreses.

E iso foi exactamente o que pasou, polo menos mentres ao Culle lle duraron as forzas. E é que os primeiros 20 minutos de xogo foron dun gran nivel por parte dos nosos, nos que non só foron quen de plantar cara ao Cisne, senón que mesmo levaron a dianteira no marcador en moitos momentos. A pouco habitual defensa presionante, moi profunda, que plantexaba o Culle, asfixiaba aos grandes lanzadores rivais, que quedaban sen o espazo que necesitaban para desenvolver o seu xogo, e dáballe aos nosos opcións de recuperar balóns e buscar o contraataque.

Pero esta defensa tan agresiva acarreaba un risco: o desgaste físico era moi alto, e cando as forzas empezaron a flaquear, os cisneistas sentenciaron o encontro. Os últimos 10 minutos da primeira metade, o equipo pontevedrés foi un vendaval, que os nosos foron incapaces de manexar.

A segunda metade, co partido practicamente decidido, foi de menos nivel de xogo por parte dos dous equipos, que se limitaron a cubrir o expediente e finalizar o encontro, cun Cisne aproveitando as debilidades dun mermado Culle para ampliar a diferencia no marcador.

En definitiva, moi boas sensacións dos nosos na primeira fase do encontro, amosando un moi bo nivel de xogo, pero aguantar 60 minutos ante un rival desta entidade non estaba hoxe ao noso alcance.

Culleredo despreocupate.es (24): Iván Manzo, Xoel Garrido (4), Martín Insua (6), Kidus de Salvador, Iago Caho, Jorge López, Iago Gerpe (1), Shaiel Costa (1), Guillermo Puga, Nicolás Pérez (1), Álvaro del Busto, Nuno Loxo (6), Gonzalo Palleiro (2) e Senén Garea (3).

Cisne Colegio Los Sauces (44): Luis Fernández, Miguel Pérez (4), Salvador Montes, Ignacio Álvarez (2), Hugo Pérez, Marko Ojeda (3), Manuel Torres (1), Iker Latas, Martín Santos (6), Enrique Lorenzo, Denis Iglesias (2), Carlos Ocaña (6), Vicente Domínguez (8), Rubén Sequeiros (9) e Eber Dacosta (3).

Árbitros: Pablo Barreiro e Christian García. Sen complicacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *