Saltar ao contido

PARTIDO SERIO DO BM.CULLEREDO E NOVA VITORIA NA DIFÍCIL CANCHA DO DISTEVI SEIS DO NADAL

Partido moi serio o que completou o BM.Culleredo ante o Distevi Seis Do Nadal na pista central do pavillón das Travesas e importante vitoria ante un rival que sempre compite e mostra a súa mellor versión como local.

A pesares de certos altibaixos marcados por erros na toma de decisións ou en lanzamentos ante o porteiro, os de Culleredo dominaron o envite desde o principio, apoiados nunha retagarda notable e a colaboración co seu porteiro Óscar Bello. Desta forma, os erros puntuais nas outras fases do xogo, eran liquidados na parcela defensiva e xa no descanso o BM.Culleredo gozaba dunha diferenza cómoda, aínda que non definitiva (9-13).


Certas dúbidas afloraron nos primeiros minutos da continuación e é que nos primeiros dez, os cullerdenses só eran capaces de engrosar a súa marcadora con dúas únicas anotacións. Por sorte para os intereses do BM.Culleredo, este momento de espesura sería a antesala dos mellores instantes dun equipo, que comezaba a sumar acerto ao contraataque a partir das recuperacións na retagarda. A distancia incrementaríase paulatinamente a favor do conxunto de Culleredo e os dous puntos caían de cheo no peto dun equipo que segue aspirando ás cotas máis altas.

Distevi Seis Do Nadal: 20 (9 + 11). Oscar Sánchez (1), Daniel Salgueiro (3), Xoel Gil (2), Pedro Oliveira, Iago González, Ángel Barbosa (1), Álvaro Cameselle (1), Sergio López (2), Xoán Otero (6), David Rial, Adrián Beiro, Damián González, Wilfredo Chacín (1), Marcos Domínguez (3).

BM. Culleredo: 29 (13 + 16).  Oscar Bello (p), Alberto Catoira (2), Carlos Costa (1), Álvaro Fdez (1), Iago Ferreiro (4), Marcos Vázquez, Diego Gago (3), Darío Pérez (2), Miguel Casal (2), Juanchi, Aresi Rosende (3), Daniel De Salvador (3), Dani Del Río (2), Senén Garea (1), Iago Franco (5).

Parciais cada 5´: 1-3 / 3-5 / 5-6 / 6-8 / 8-11 / 9-13 / Descanso / 10-15 / 13-15 / 13-18 / 15-21 / 17-25 / 20-29 / Final.

Árbitros : Víctor Manuel Rivera e José Mº García. Sen complicacións.

Incidencias:  Xornada 15ª na 1ª autonómica masculina. Partido disputado no pavillón das Travesas, en Vigo.

Partido compreto na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=juab55QfGvA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *