Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

A nova xornada vense intensa, con múltiples encontros fronte aos sempre fortes equipos do Cisne Colegio los Sauces e outros encontros de rivalidade directa nas competicións. Non o dubides e se podes pásate por Culleredo a ver do mellor balonmán de toda Galicia!

(IF) CLUB BALONMÁN TUI VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas miniguerreiras visitan un rival que está preto na clasificación pero que nos superou no partido de ida con facilidade, veremos nesta ocasión a evolución das nosas para poder conseguir dous puntos fóra da casa.

(IM) COLEGIO LICEO LA PAZ VS BM CULLEREDO SUTENOR

Este sábado, os nosos infantís de prata veranse de novo as caras co Liceo la Paz, equipo que conseguía arrincarnos un empate in extremis no partido de ida. Desta volta, os nosos veñen con unha motivación extra polos resultados obtidos e nun moi momento a nivel de xogo, buscaremos roubar moitos balóns e facer dudar aos nosos rivais coa nosa presionante 3:3. A velocidade e a intensidade dos últimos encontros deben plasmarse de novo neste para poder levarnos os 2 puntos da Coruña.

(IM) CISNE COLEGIO LOS SAUCES VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O Remax Riazor viaxa a Pontevedra a comezar a segunda volta do campionato, o rival será o Cisne, un rival moi complicado que está nos postos altos da clasificación. A súa defensa 6:0 estase a facer moi forte, pola contra os nosos sairán de cara a por todas co obxetivo da rápida recuperación de balón e así poder sorprender ao equipo local.

Partido intenso que se vivirá no Municipal de Pontevedra.

(CF) AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Despois de conseguir a primeira vitoria ligueira, as nosas queren seguir coa racha, polo menos seguir coa regularidade de xogo que están a amosar nos últimos encontros ligueiros. Pese á baixa de Aitana, unha peza fundamental no esquema do Fisioterapia, as cullerdenses buscarán ofrecer a boa imaxe ofrecida en Lalín a semana pasada.

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS CLUB BM PANADERÍA DE COVAS VIVEIRO

Ven o Climanosa de gañar en Pontedeume e quere outra vitoria seguida contra o último clasificado, o Viveiro.

Os nosos queren seguir ofrecendo o bo xogo que están a facer, tanto na faceta defensiva como na ofensiva.

(CM) CISNE COLEGIO LOS SAUCES VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, viaxará a Pontevedra para afrontar un dos encontros máis esixentes da liga ante un dos principais favoritos. O Cisne Colexio Los Sauces, cun cadro de persoal amplo e con xogadores cun perfil físico superior á maioría, será sen ningunha dúbida un dos maiores e ilusionantes retos que os de Culleredo poden asumir. Con algunhas baixas, pero coa ilusión por realizar un gran partido e a certeza de atoparse nun bo momento de forma, os cullerdenses viaxan á cidade do Lerez para afrontar un envite que dará comezo ás 12:00 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS CLUB CISNE BM. COLEGIO LOS SAUCES

BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS LUCEROS

Papeleta complicada e de alta esixencia do BM.Culleredo Despreocúpate.es no dobre enfrontamento que lles espera esta fin de semana. O equipo de Culleredo recibe ao primeiro e terceiro clasificado e por tanto, deberá de presentar as súas mellores prestacións si quere sacar algo positivo destes enfrontamentos. A favor dos nosos, contamos a recuperación dalgúns dos efectivos que estiveron fóra do grupo por lesións de longa duración e que xa puideron actuar a semana pasada na vitoria fronte ao BM.Cangas. Esta volta ao triunfo e a recuperación de efectivos, debe de servir ao BM.Culleredo Despreocúpate.es para elevar as súas prestacións e competir a un alto nivel esta fin de semana. Ambos os encontros serán no Polideportivo de Almeiras, co Cisne Colexio Los Sauces o sábado ás 11:30h e co Luceros, o Domingo ás 13:00h.

(SM) DISTEVI SEIS DO NADAL VS BM. CULLEREDO

Este próximo Sábado, o BM.Culleredo xogará a domicilio, concretamente nun escenario espectacular como é a pista central do pavillón das Travesas, en Vigo. O encontró, que dará comenzó as 16:30, anuncia dificultades para os cullerdenses e é que a pesar de ocupar o noveno posto da clasificación con nove puntos, o Distevi Seis Do Nadal apela a un excelente rendemento como local, que mesmo lle levou a poñer en serios aprietos ao Balonmán Porriño, líder da competición e que só foi capaz de vencer ao conxunto olívico pola mínima e nos instantes finais. Con estas premisas e coas baixas que conta o equipo de Culleredo para este encontro, con certeza que se terán que facer moi ben as cousas para poder conseguir dous novos e importantes puntos para continuar na pelexa polos postos altos da táboa clasificatoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *