Saltar ao contido

Importante victoria para o Climanosa en Pontedeume!!!!

O pasado domingo, o nosos cadete de liga prata, o Balonman Culleredo Climanosa, erguíase cedo para visitar a dificil cancha o Balonmán Pontedeume. Ansiosos por lograr a victoria, os nosos pelexaron todo o encontro, facendo visible unha gran milloría no seu xogo colectivo, tanto no ataque coma na defensa, amosando que seguen indo de menos a máis na competición ligueira.

O encontro comezaba de cara para os locáis, que dominaron o electrónico nos primeiros quince minutos do envite. Os nosos erros na retagarda en 6.0 eran aproveitados polo rival. Tempo morto dos nosos para axustar estos erros e facer un cambio que sería decisivo para a reanudación do encontro. O cambio a unha defensa 5.1 facía que os nosos fixéranse fortes na zona central e provocaran moitos erros no rival, erros que aproveitariamos con transcións rápidas en 1a e 2a ondada, sendo moi eficaces nos seis metros. A partir dese axuste, os nosos continuaron pola senda do bo xogo combinativo e da intensidade defensiva, facendo que a distancia no electrónico fose crecendo.

Os de Pontedeume non ían poñelas cousas tan sinxelas aos nosos, e facendo constancia do seu caracter competitivo, éstes foron quen de acortar distancias no marcador, facendonos encaixar un parcial de 7 a 5 nos primeiros quince minutos desta segunda metade. De novo tempo morto do noso adestrador para darlles o último empurrón aos nosos e así sentenciar o encontro. Os nosos volven á pista sabendo da importancia de sumar nesta cancha. Cos dentes moi apretados e sacando as últimas forzas, nos últimos dez minutos conseguimos o definitivo parcial de 1-9, facendo clara a nosa autoridade no 40x20.

Noraboa a este grupo de cadetes que segue a millorar cada semana, estamos no camiño correcto. Seguimos rapaces!!!!!!!!!!!

FORZA CLIMANOSA, FORZA CULLE!!!!!!!!!!

BmPontedeume 23-35 BmCulle Climanosa.

Bm Pontedeume: Samuel Murga 2, Bryan Braña 7, Luis Benito, Lucas Vázquez, Martín Riveira, Fran Leira, Nuno Roi 2, Adrian Camba, Mario Glez 11.

BmCulle: Bieito 3, Bruno 7, Nico Arias 3, Nico Díaz 2, Iago Vázquez 8, Xoel 6, Félix 2, Mario, Álvaro Siso 1, Mateo 3.

PARCIAIS CADA 5':

3-2/ 5-4/ 6-5/ 7-9/ 8-13/ 10-16/ desc./ 11-18/ 14-20/ 18-23/ 22-26/ 22-30/ 23-35/ final.

ARBITRAXE:

Pablo Torreiro e Henrique Folgoso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *