Saltar ao contido

Derrota con aprendizaxe en Lugo

Os nosos viaxaban a Lugo a enfrontarse a un dos primeiros equipos da taboa, unha primeira parte igualdada onde o Remax Riazor non puido irse no marcador por diferentes fallos de lanzamento.

Na fase defensiva os nosos eran capaces de interceptar continuamente balóns e conseguir que os ataques do equipo lucense duraran moito tempo , incluso por momentos de chegar o xogo pasivo , isto dice moito do carácter defensivo deste equipo .

Na segunda metade menos os primeiros 5minutos foi a tónica da primeira , o equipo local cunha defensa moi dura onde os nosos eran penalizados contiuamente por ese exceso de dureza e na fae defensiva o Remax Riazor seguía firme e con gañas de roubar o obstaculizar o máximo posible o ataque lugués.

O final do encontro victoria moi merecida para o equipo local e noso pese a derrota vanse cun aprendizaxe de esos que fan crecer a un equipo .

Terminase a primeira volta da Liga de Ouro (ainda queda un partido aprazado contra o Lalín) pero o Remax Riazor acaba 4º na clasificación, con gañas de incluso mellorar esa posición o final de liga, pero para iso toca traballar con moito esforzo como o están a facer dende Agosto.

Noraboa e Forza culle

C.P Lucense: Lucas Diaz(6),Roi Lence, Samuel Rábade, Iván Vila(4),Lucas Penas(4),Amr Berka(1),Gabriel Areán(2),Adrián Feijoo, Adrian Mosquera.

Bm Culleredo Remax Riazor:Hugo Diaz, Hugo Garcia, Adrian Aneiros, Xoán Canedo, Hugo Bermudez, Teo López, Xoan Bello, Fabián Manzo(5),Iago Allegue(2)Pablo Ares(3), Jorge Outón(1),Jaime Serrano(4).

Parciales cada 5`:1-0/2-1/3-2/6-5/7-7/9-9/11-9/13-10/15-11/17-13/18-16.

Incidencias: Xornada 11 da liga de Ouro infantil masculina , disputada na Pobra de San Xiao, Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *