Saltar ao contido

Victoria do XM Óptica Gallaecia ante o lider para cerrar a primeira fase da liga.

Este pasado domingo, o xuvenil de liga prata recibía na casa ao lider da táboa, o OAR Coruña, na derradeira xornada da primeira fase ligueira. Encontro moi intenso dende o comezo ata o final, no que os nosos fieis a un gran despregamento defensivo, impuxeron o seu ritmo e foron quen de dominar no electrónico os sesenta minutos.

Comezábamos defendendo cun sistema 6.0, no que nos primeiros compases, o rival era quen de aproveitar os erros no cambio de opoñente e facer mella na nosa porteria. Aínda así, o noso ataque posicional, dominado polo noso cadete Teo, encontraba solucións cómodas cun traballo de amplitude e sucesivas penetracións sempre cun pase máis, na retagarda rival. Dominamos toda a primeira parte sempre cun tanto por enriba pero non fumos capaces de despegarnos no marcador. O cambio a un sistema defensivo 5.1, instaurado ata o final do encontro, foi clave para provocar erros no ataque rival.

O desenrrolo da segunda metade, foi similar. A nosa 5.1 cun Kidus, Puguita e Rubio de dez no avanzado logrou frear ás embestidas rivais ao centro, tendo que xogar sempre dende os carrís laterais. Isto lastrou moito ao rival provocando cuantiosas perdas de balón que aproveitabamos subindo a primeira ondada na que Álvaro, sempre rápido e atento lograba os 1x1 só ante o porteiro, tendo unha eficacia case de cen por cen. Mantendo este ritmo frenético, no minuto 10 desta segunda metade, lográbamos por fin distanciarnos no marcador, encaixando na porteria rival un parcial de 7-2. Aínda así, as gañas de quedarse cos dous puntos na casa, fixo que os nosos non deixaran de apretar ata o final, obtendo un resultado final de 34-27 a favor dos cullerdenses.

Gran segunda volta desde grupazo de rapaces, sendo o millor equipo desta. De seguro aínda temos moito que demostrar. Rematada esta primeira fase, agora enfrontaremos a segunda con moita máis seguridade e confianza que a demostrada no comezo da primeira.

Noraboa a cada un dos compoñentes deste grupo, un por un, porque fixéronnos desfrutar do balonmán en cada partido desputado. Seguimos medrando e mellorando. Sempre na liña ascendente!!!!!!!!!!!!

FORZA OPTICA GALLAECIA! FORZA CULLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Bm Culleredo 34-27 OAR Coruña

BmCulleredo: Teo 5, Álvaro 11, Puga 1, Fariña 2, Gerpe 1, Shaiel 1, Rubio 3, Nico 3, Marcos 3, Kidus 3, Xoel 1, Diego, Bescansa, Iván (p), Javi (p)

OAR: Ramon 6, Adrian Perez 9, Efrén 3, Joel 3, Besay 5, Iván Alfonso, Diego Infante, Brian Soliño, Elías Rguez 1.

PARCIAIS CADA 5':

5-4/ 8-7/ 11-10/ 15-12/ 16-15/ 18-17/ desc./ 20-19/ 22-20/ 25-21/ 29-22/ 31-24/ 34-27/ final.

ARBITRAXE:

Iván Hernandez e Renzo Martín.

INCIDENCIAS:

Derradeira xornada da primera fase da liga prata desputada no municipal de Almeiras, cunha gran entrada de público na que pais e compañeiros do clube, animaron e axudaron incansablemente aos nosos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *