Saltar ao contido

Victoria d Fisioterapia Benestar en Lalín.

Tardou moitisimo en chegar a primeira victoria do ano para o Fisioterapia Benestar, e con moito máis valor ainda xa que se consegueu ante un rival acomodado na zona media da taboa .

Un inicio espectácular das nosas que comezaron moi seguras na fase defensiva , cun sistema 6:0 pero con moita profundidade , sonbretodo nos segundos, isto daba a súa recompensa xa que Tanto María Becansa como Carla Bello conseguían interceptar diferentes balóns, o resultado era que no minuto 15 o equipo local só habia marcado 2 goles, e o Fisioterapia recollía unha vantaxe de ata 5 goles.

As cullerdenses na fase ofensiva eran capaces de facer un xogo longo sen pérdidas de balón , e cunha boa disciplina táctica. E cando a situación estaba máis incómoda para as nosas, Marina Rodirguez co seu explosivo 1x1 conseguía manter as diferencias no marcador.

O descanso o electrónico marcaba un 7-10 .

Na segunda metade o Fisioterapia seguiu co plan de partido onde primaba a intensidade defensiva para poder seguir con tranquilidad o ataque de cara a porteria lalinense .

Un Lalín que creaba moito peligro sobretodo de cara a zona central da defensa cullerdense que por momento viuse debilitada, pero isto só foi un espellismo momentaneo . O culle cambio o sistema defensivo a un 5:1 e ahí de novo Maria Bescansa fixo dudar moito o ataque lalinense, isto o aproveitaba o culle para sair o contrataque o levar un ritmo máis largo de xogo pero intenso.

Nos últimos minutos o Lalín presionou pero a aparición de Aitana Tasende para apoiar con pase e vai foi fundamental para acabar o partido anda con máis e mellores sensacións.

Felicidades a estas nenas que levan esforzandose moitisimo por lograr a primeira victoria de moitas que están a chega nesta tempada.

Forza Culle.

Bm Coreti Lalín:Lidia Sanda, Laura Cacheda,Cora Pedreira(/),Antía Ferradas(2),Claudia Novoa,Aldara Ramos, Maria Mariño(3),Maria Mato(3),Alicia Pose,Lucia Arias(3),Maria Jimenez,Mikaela Lopez.

BM Culleredo Fisioterapia Benestar: Aroa Barbeito,Carla Bello(2),Marina Rodriguez (11),Carla Muiño,Aitana Tasende(5),Maria Bescansa (4),Sofía Gerpe,Carla Estraviz, Valentina Martinez, Paula Peteiro.

Parciales cada 5`:1-2/1-3/2-5/2-7/5-8/7-10/8-11/9-14/11-5/13-16/15-18/18-22.

Incidencias: Xornada 11 da liga Ouro Cadete feminina , disputado no Lalin Arena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *