Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO, SAE VENCEDOR TRAS UNHA SEGUNDA PARTE FANTÁSTICA

O BM.Culleredo Construpereiro, completou o dobre enfrontamento desta fin de semana con outro gran partido, pero, neste caso, o do Domingo ademáis acadou o premio do triunfo, unha vitoria cimentada no gran traballo de todo o grupo e rubricada nun segundo acto excepcional.


O partido comezaría con alta intensidade por parte de ambos os conxuntos, poñendo en liza as súas mellores galas e virtudes, facendo do espectáculo un xogo entretido e vistoso para todos os presentes no Pavillón Vale Inclán de Oleiros.
Serían os cullerdenses os que asomarían a cabeza no electrónico durante a maior parte dos primeiros trinta minutos, pero iso significaba máis ben pouco, xa que o excelente conxunto local, mantiña unha persecución ben próxima, esperando o erro dos de Culleredo. Deste xeito foi que se chegaba ao final do primeiro acto con táboas no marcador e todo por dilucidar cara á continuación.


Sería no segundo tempo onde o BM.Culleredo poñería terra polo medio, apostado nun cambio defensivo a 5:1 que facilitaría as recuperacións e provocaría numerosos erros no seu rival. A velocidade ao contragolpe remataría en repetidas ocasións este bo traballo da retagarda en colaboración co porteiro Marco, sendo xa a diferenza de oito goles aos dez minutos. Ese parcial de 2-10, resultaría xa imposible de remontar para o BM.Atlántico, que a pesar das dificultades, xamais deixaría de competir por achegarse aos cullerdenses. As diferenzas acentuaríanse a favor do BM.Culleredo Construpereiro, un equipo que soubo manter o modelo e dominar o ritmo de xogo en base aos seus intereses para conseguir dous novos puntos, neste caso ante os veciños de Oleiros.

Club BM. Atlántico: 29 (17+12). Daniel González, Adrián Río (3), Lucas Vilariño (7), Pedro Gil-Rivera, Alexander José Mendoza (4), Pablo Castiñeira (2), Hugo Fdez, Ángel Ramos (5), Diego Abades (2), Diego Lema (6), Roi Fdez, Martín Vinagre, Enmanuel García, Iker Curto.

BM. Culleredo Construpereiro: 43(17+26). Marco González (P), Marcos Regueiro (5), David Martínez (4), Adrián Veira (5), Iván Sánchez (3), Diego Del Río (1), Aaron Blanco, Samuel Seijas (10), Daniel González (3), Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (6), Teo Calvo, Antón Pérez (1), Anxo Negreira.

Parciais cada 5´: 1-3 / 6-8 / 9-11 / 13-14 / 15-14 / 17-17 / Descanso / 19-22 / 19-27 / 20-31 / 23-35 / 26-38 / 29-43 / Final.

Colexiado: Iván Hernández.

Incidencias: Encontro da xornada nº11 na Liga Ouro cadete masculina. Excelente entrada no pavillón Valle Inclán de Oleiros para presenciar un entretido partido de balonmán.

Fotos Do Encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipPDMAMBvQTP0th9jWmqep5GDGYwlbl6uvgVp-_dCbKRea_7hL_65qHX6YpV8vO46g?key=bWFrdlJBY0RTeWxPSzBMMHZueGRWaXg1Z3FOYjRn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *