Saltar ao contido

VITORIA INCONTESTABLE DO BM.CULLEREDO NO PARTIDO DESPREOCÚPATE.ES

Onte sábado día 5 de Febreiro, disputábase o partido DESPREOCÚPATE.ES correspondente á 14ª xornada de liga na primeira autonómica masculina. O encontro, disputado no pavillón de Tarrío, levaba o nome da empresa cuxa cabeza visible é Marcos Carreira, axente en exclusiva de Allianz na zona e xerente de DESPREOCÚPATE.ES, un dos nosos colaboradores que, co seu patrocinio, fai posible o desenvolvemento do proxecto do BM.Culleredo.


Metidos xa en faenas meramente deportivas, o encontro non deparou sorpresa algunha e a diferenza entre os dous conxuntos foi tanta durante os sesenta minutos como os catorce puntos que os separan na clasificación. A pesar de todo, non comezaron mal os xogadores Ourensáns, plantando cara e respondendo cuns algarismos que ata o meridiano non eran demasiado avultados a favor dos de Culleredo. Sería a partir do minuto quince cando o BM.Culleredo comezaría a abrir unha brecha maior, superando ao seu rival en todas as facetas do xogo e facendo da velocidade a súa mellor arma. Ao descanso e cun 26-16, o encontro estaba virtualmente decidido, aínda que as sensacións positivas debían de manterse no segundo acto.

O ritmo implementado polo BM.Culleredo, sería, ao cabo, imposible de aguantar no segundo acto polo seu rival, falto de efectivos no día de hoxe e mermado por tanto canto á posibles rotacións. As diferenzas seguirían en aumento ata chegar a ese 44-24 final e dous novos puntos que fan posible que o BM.Culleredo continúe nos postos altos da táboa, quedarían na casa.

BM. Culleredo: 44 (26 + 18).  Oscar Bello (p), Cristian Vigo (p), Alberto Catoira (3), Carlos Costa (1), Mario Crecente (8), Álvaro Fdez (1), Iago Ferreiro (7), Pablo Giráldez (1), Marcos Vázquez (3), Diego Gago (2), Darío Pérez (3), Miguel Casal (8), Juanchi (1), Aresi Rosende (3), Daniel De Salvador (3).

Club BM. Pabellón Ourense: 24 (16 + 8). Alejandro Sampayo (2), Diego Piñera (7), Joel Colmenero (7), José Rodríguez (2), Mario López, Iago Pereira (5), Xabier Soliño, Iván Fandiño (1), Oscar Alonso, Rubén González.

Árbitros : Christian García e Pablo Barreiro. 

Incidencias:  Xornada 14º na 1ª autonómica masculina. Partido DESPREOCÚPATE.ES, patrocinador do clube, disputado no municipal de Tarrío con boa entrada de público.

Fotos do encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipPywtQTpOfw7BXeT_95MqifyIaYxQ6Ay4RqkLacyOTF0GBKNloZ7sc24MPF-qzOuA?key=TXp0aFctNnRzeGVDcVd0NEpUcFNuU1lpSHNfaldR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *