Saltar ao contido

GRAN PARTIDO DO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO A PESARES DA DERROTA

Onte sábado, o BM.Culleredo Construpereiro afrontaba o primeiro encontro da fin de semana e facíao fronte a un dos aspirantes aos postos altos da táboa, o Footplus AD.Carballal. O partido que se puido vivir no polideportivo de Almeiras, resultou un encontro vibrante e entretido entre dous conxuntos que ofreceron un excelente expectáculo de balonmán.


Dominaron os cullerdenses ao seu rival durante todo o primeiro tempo, con diferenzas que nalgún caso fóronse ata os tres goles e demostraron que con intensidade e concentración o conxunto rojillo pode competir con calquera rival da categoría. Con 18-17 ao descanso, ambos os equipos retirábanse aos vestiarios, prometendo unha segunda parte chea de incertidume e loita encarnizada polos dous puntos finais.


Saía o Fotpluss Carballal máis enchufado na continuación e conseguía darlle a volta ao marcador en apenas 5´(20-21), pero os de Culleredo non lles ían á zaga e volteaban de novo os algarismos para liderar a os dez minutos (24-23). Eran instantes onde os dous conxuntos mantiñan un pulso constante por asomar a cabeza por diante do seu rival, pero sen un claro dominador. Foi a partir do meridiano, onde o BM.Culleredo Construpereiro acusaría cinco minutos de espesura e acumulación de erros que os olívicos aproveitarían para conseguir un 1-5 de parcial e tomar unha cómoda e perigosa vantaxe a esas alturas do envite (27-31). Seguindo a tónica anterior, os locais non se renderían e responderían bravamente con outro 5-1 para igualar a contenda (32-32). Entrábase entón en cinco minutos finais de verdadeiro infarto, onde a moeda podía caer cara a calquera dos dous lados e, neste contexto de incertidume e tensión, o conxunto de Vigo conseguiría facerse cos dous puntos nos últimos segundos nun partido dos que fan afección.

BM. Culleredo Construpereiro: 33(18+15). Marco González (P), Rubén Gantes (P), Marcos Regueiro (3), David Martínez (3), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (1), Diego Del Río (2), Aaron Blanco (3), Antón Pérez, Samuel Seijas (10), Daniel González, Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos, Teo Calvo (1), Antón Pérez (1), Anxo Negreira.

Footplus A.D. Carballal: 34(17+17). Diego Otero, Iago García (8), Iván Puentes (2), Nicolás Vila, Yago López (8), Javier Zambrana (6), Anxo Fdez (1), Nicolás Docampo (8), Elías Silva (1), Isidro David Mariño, Vitor Rodríguez, David González.

Parciais cada 5´: 2-2 / 7-4 / 9-6 / 11-10 / 15-13 / 18-17 / Descanso / 20-21 / 24-23 / 26-26 / 27-31 / 32-30 / 33-34 / Final.

Colexiados: Pablo Torreiro e Marcos Pombal.

Incidencias: Encontro da xornada 8 que foi aprazado no seu día por positivos COVID no cadro de persoal do Footplus Carballal. Excelente entrada en Almeiras para presenciar un vibrante e marabilloso partido de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *