Saltar ao contido

Cómoda vitoria do xuvenil masculino de Liga Ouro en Cangas

O noso equipo xuvenil de liga ouro, o Culleredo despreocupate.es, desprazábase esta fin de semana ata o Pavillón do Gatañal para enfrontarse ao Panadería Buenas migas Cangas. Nesta tempada tan complicada en canto a baixas, a premura por conquistar puntos trascendía xa á clasificación, e convertíase nunha necesidade tamén anímica. Pero os nosos rapaces non querían deixar escapar esta oportunidade, e aínda que a convocatoria para este encontro non era todo o completa que nos gustaría, foi abondo para conseguir a vitoria e volver a casa con dous puntos máis no casilleiro.

O partido non tivo moita historia, e limitouse a un equipo local xogando con extrema lentitude, con todos os seus ataques ao bordo do xogo pasivo, intentando encontrar unha fenda na defensa cullerdense, e o noso equipo intentando non deixarse contaxiar polo ritmo cansino dos cangueses, e manter o control da defensa para conseguir goles fáciles ao contraataque. Así, dende o 2-7 co que arrancou o enfrontamento, ao Culle bastoulle con controlar a situación e non permitir que os locais tivesen nunca opcións reais de disputar a vitoria.

As poucas pero obrigadas rotacións no noso equipo, coincidindo con algunhas fases do encontro nas que non mantivemos a intensidade necesaria, fixeron oscilar a diferenza no marcador, pero nunca baixou de catro tantos a prol dos nosos.

O ritmo tan pausado do partido, xunto coa pouca incertidume no marcador, fixeron que non fose o partido máis emocionante do ano, pero o importante era sacar o encontro adiante e os nosos rapaces cumpriron co obxectivo de traer os puntos a casa.

Panadería Buenas migas Cangas (24): Xoel Gómez, Álvaro Rosales (3), Alexandre Gallego (5), Hugo Caballero, Manuel Magdaleno (6), Abraham Martínez, Alejandro Juárez, Manuel Soliño (10), Roque Díaz, Nicolás Millán e Hugo Mora.

Culleredo despreocupate.es (32): Iván Manzo, Xoel Garrido (4), Martín Insua (10), Jorge López, Iago Chao (1), Iago Gerpe, Mateo Díaz (3), Nicolás Pérez (4), Álvaro del Busto (2), Nuno Loxo (5), Gonzalo Palleiro (2) e Senén Garea (1).

Parciais cada 5 minutos: 2-2/2-6/3-10/8-11/10-15/11-17/14-20/17-21/17-24/20-26/22-27/24-32.

Árbitros: Carlos Calvar e Julio Villanueva. Sen complicacións nun partido sen incidentes.

Vídeo do partido:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *