Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Celnor!

Hoxe queremos que coñezades a Celnor Servizos, empresa que de electricidade, construcción, mantementos e reformas.

Celnor foi fundada en 2011, da man de varias empresas con máis de 20 anos de experiencia no sector. Comezou tendo as súas instalación en Arteixo, pero dende o 2014 podedes atopalas en: Ponte Sigrás, 2, 15181 Cambre.

Actualmente conta con 6 profesionais en plantilla, 1 administrativa, 1 encargado de obra e técnicos e oficiais de primeira, con unha ampla experiencia no sector.

Celnor na actualidade presta sobre todo servizos de mantemento e instalacións eléctricas, destacando entre eles 2 moi interesantes para todos nós na actualidad, como son en concreto a instalación e mantemento de puntos de carga para vehículos eléctricos e paneis fotovoltaicos.

PUNTOS DE CARGA

Neste ámbito, Celnor ofrece un servizo integral, encargándose de todo o que precises xa sexas un particular, unha comunidade ou un ente público ou privado.

Dende o comezo encárganse do estudo do lugar no que se precisa instalar o punto, a instalación, a súa posta a punto e o mantemento do mesmo. Hai que destacar, que se encargan tamén de xestionarche a solicitude de subvención para facilitarllo todo á súa clientela e que se poidan despreocupar completamente.

Ante o incremento da compra de coches eléctricos, este servizo estase a tornar importante e incluso pode ser requerido ás comunidades nun futuro, polo que Celnor é unha solución a esos requerimentos, dando a gran comodidade de facerse cargo por completo de todo o que precisas.

Xa sabes, se ti ou a túa comunidade estades interesados poñédevos en contacto con Celnor e saíde de dudas, confiando nunha empresa profesional e que colabora con grandes como o Grupo Dimolk.

PANEIS FOTOVOLTAICOS

Os paneis fotovoltaicos forman agora parte dun futuro cercano e á vez son unha forma de obter enerxía de forma máis limpa e ecolóxica.

Dende Celnor ofrecen un servizo integral ao igual que cos puntos de carga, ofertando tanto a instalación como o mantemento e a solicitude da subvención pertinente, o que supón un gran aforro para convertila enerxía da túa vivenda.

Se tes dúbidas non o penses, contacta con Celnor para a súa instalación na túa vivenda e poderás aforrar ata un 70% na factura da luz, á vez que coidas do medio ambiente e axudas a construir un futuro mellor e máis limpo.

MANTEMENTOS E REFORMAS

Dende Celnor tamén ofrecen todo tipo de servizos de mantemento e reformas, xa sexa de carpintería, electricidade, etc. Destacando que se encargan do mantemento de puntos importantes como é neste caso das instalación de ADIF na Coruña.

Tanto neste ámbito como nos anteriores, Celnor segue a crecer e dar pasos cara o futuro da enerxía e dos servizos, polo que cada vez precisa máis xente para poder darlle á súa clientela os mellores servizos. Actualmente están abertos a que xente con experiencia ou xente con coñecementos do ámbito e ganas de aprender poidan unirse ao seu grupo profesional, polo que se es xa un profesional do ámbito ou queres chegar a selo contacta con eles para que poidan coñecerte!

Sen dubidalo decidiron apoiar ao Bm Culleredo pola súa proximidade co mundo do balonmán, a súa confianza no traballo do clube e o gusto polo deporte e a transmisión de valores que este conleva.

Dentro desos valores, hai varios que poderíamos atopar tamén en Celnor, como son a responsabilidade, a igualdade e o traballo en equipo. De todos eles, este último é de máxima importancia para un grupo de profesionais como o de Celnor e capital tamén no noso deporte, donde un necesita do outro e que todos poidan cumplir as súas funcións.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Web: https://www.celnor.es/es
  • Email: celnor@celnor.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *