Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Xornada chea de viaxes e partidos complicados para os nosos equipos, con enfrontamentos ante rivais directos e de moita dificultade. Non te perdas os partidos dos teus e ven a Tarrío e Almeiras a animar aos nosos equipos!

(IF) U.B. LAVADORES VIGO VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O Bm Culleredo Canosa Abogacía viaxa este domingo ata Vigo, para afrontar un novo encontro desta liga de ouro. A pesares dos puntos que levamos, as nosas rapazas están a facer unha tempada espectacular, competindo ata o final con todos os equipos da liga e nesta ocasión buscaremos conseguir ese premio en forma de puntos para todo o esforzo realizado e volver a Culleredo con 2 puntos máis no casilleiro.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS C. BM. ATLÁNTICO

O Bm Culleredo Sutenor recibe na mañá do sábado ao líder desta competición, o equipo de Oleiros que se amosa intratable nesta Liga de Prata. Coas boas sensacións dos anteriores encontros e o traballo xa feito no encontro de ida, os nosos rapaces de seguro poderán pelexar ata o final por esos 2 puntos fronte aos líderes da competición.

(IM) CP LUCENSE “A” VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Viaxa o conxunto do Remax Riazor a terras lucenses a enfrontarse ao segundo clasificado desta liga Ouro. Apenas 2 puntos separan aos dos conxuntos, polo que se promete un partido de alta intensidade!

(CF) CORETI LALÍN VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

As cadetes cullerdenses viaxan a competir a Lalín, despois de non xogar a pasada fin de semana polo aprazamento do partido.

As nosas guerreiras buscarán traer os dous puntos de terras lalinenses e así estrear o casilleiro na clasificación.

(CM) GALITRANS PONTEDEUME VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Enfrontamento dos postos de abaixo na liga de prata cadete masculina.

O Climanosa, que está nunha mellora clara do seu xogo colectivo, buscará a primeira victoria nesta segunda volta.

O Pontedeume espera poder recortar puntos o Climanosa nun no partido que podremos presenciar no Pavillón Municipal de A Casqueira.

(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS A.D FOOTPLUS CARBALLAL

C. BM. ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Construpereiro, terá dobre confrontación esta fin de semana e tentará resarcirse da derrota da pasada fin de semana con duas vitorias si fose posible. Non será tarefa sinxela, porque tanto o Footplus Carballal como o C.BM. Atlántico, son dous bos conxuntos competitivos e con calidade nos seus respectivos plantéis. O sábado, os cullerdenses recibirán el Almerias ao conxunto olívico do Footplus Carballal, un equipo chamado a ocupar os postos máis altos da táboa. O encontró dará comenzó as 12:30h. O Domingo, xa no Pavillón do Valle Inclán, na Coruña, o BM.Culleredo Construpereiro, visitará ao C.BM.Atlántico as 12:15. Será esencial a mellora na retagarda para poder competir ambos encontros e sair vitoriosos deles.

(XF) CALFRIMA CARBALLAL VS BM CULLEREDO RAFERGAL

O Balonmán Culleredo Rafergal xoga este sábado 5 ás 12:30 Pavillón Municipal de Carballal, no segundo partido desta segunda rolda.

En fronte, un equipo que non coñece a derrota onde a defensa será fundamental para ter opcións

Semana de moito traballo para seguir cun pé adiante e sen cometer erros da xornada anterior.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS OAR CIUDAD

Este domingo pola tarde, o noso xuvenil de liga prata, afrontará o derradeiro encontro ligueiro, esta vez ante o lider da táboa, o OAR Coruña. Encontro que a priori amosa moita intensidade e rivalidade. Os nosos que veñen nunha liña totalmente ascendente, facendo unha gran segunda volta, tentarán que os dous puntos queden na casa e así afianzar o meritorio terceiro posto con posibilidades de obtar polo segundo dependendo dos demais resultados da xornada.

(XM) BM. CANGAS VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM. Culleredo Despreocúpate.es, afronta este sábado unha importante cita a domicilio. O conxunto cullerdense viaxa ata Cangas para enfrontarse ao BM.Cangas coa intenci´n de conseguir a primeira vitoria do ano 2022 e deste xeito recuperar sensacións. O encontro dará comenzó as 12:45 e os de Culleredo deberán de aumentar o seu espírito competitivo para conseguir os dous puntos en xogo.

(SM) BM. CULLEREDO VS BALONMÁN PABELLÓN OURENSE

Este próximo Sábado, no municipal de Tarrío as 19:00h, o BM.Culleredo recibe ao conxunto Ourensán do BM. Pabellón. Os cullerdenses, despóis de retomar a senda victoriosa, tentarán conseguir dous novos puntos que lles manteñan na parte alta da táboa. Será moi importante seguir crecendo no ritmo de xogo, voltar a recuperar sensacións colectivas no 40x20 e conseguir unha alta actividade en tarefas defensivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *