Saltar ao contido

UNHA DURA DERROTA

Cun ambiente de final, tiña lugar no Pabillón de Almeiras na tarde do sábado, o derbi comarcal.

Chegabase con moita ilusión por facer o imposible por non colleitar outra derrota.

O equipo locatorio so mostrouse superior no minuto 15 da primeira parte onde ia de dous no marcador, a partir de ahí ,o Rafergal tivo uns minutos onde empatou o partido .

Depois dunha primeira parte moi igualada , rematabase con empate a 12, deixaba unha incognita de quen ia levala victoria final do encontró.

Esperabase unha segunda parte de sufrimento, ventaxas mínimas e incógnitas..pero non sucedeu iso. O Xiria comezou a adquirir ventanxa poñendo a balanza da victoria de cara.

Un descontrol defensivo facian co equipo rival fora sumando goles no seu casilleiro.

Pese os tempos mortos do Rafergal, e algúns breves destellos, as cullerenses apenas inquietaron a defensa carballesa e cun parcial 8-13 na segunda metade merced a un ataque resolutivo do Xiria, o partido remataba.

A segunda parte marcada por ir a remolque do Xiria incapaz de empatar en todo o que restaba de encontro.

Ahora toca centrarse de novo para esta segunda rolda, a semán que ven viaxe a terras viguesas para o duelo contra o Carballal.

Parcial cada 5 minutos: 0-2/4-4/7-5/8-8/10-11/12-12 Descanso 14-15/14-16/15-20/15-20/17-24/20-25 Final

BM. Culleredo Rafergal 20 (12+8): Diana Dozo ,Adriana Antonio ,Anheliz Amarys Alexander (3), Lucia Ponte (1), Paula Valderrabano (6), Candela Puga (1), Adela Areoso ,Lucía Sánchez (2),Carlota Rodriguez (5),Marta Valderrabano (1), Marina Rodriguez, Carla Estraviz, Lucía Santiso, Carla Bello (2)

Hierros Varela Urbieta Xiria 25 (12+13): Maria Porteiro, Maria Patiño (5),Nerea Varela (8), Lara Souto (2),Leticia Santos (1),Lucia Lema, Nerea Varela (2), Lara Otero (3), Duna Barca (3), Alba Garcia (1), Valeria Figueroa ,Sara Mendez, Carla Bello,

Colexiados: Martina Regueiro Insua, Ángel Mateos Alonso

Incidencias: 11ª Xornada da Liga Ouro celebrada no Pavillón Municipal de Almeiroa. Con 45 persoas aproximadamente de público debido ás restricións do protocolo COVID 19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *