Saltar ao contido

Victoria importante para o Óptica Gallaecia ante o Bm Arteixo.

Este pasado domingo, no municipal de Almeiras, o grupo xuvenil Óptica Gallaecia tocáballe doblar xornada, correspondendo ao partido do fin de semana pasado, sendo este aprazado. Esta vez recibíamos ao Balonmán Arteixo, equipo que sempre ponlle as cousas dificiles aos nosos.

O duelo comezaba de cara para os nosos, coas ideas moi claras en defensa e cunha moi boa actitude, conseguíamos xerar moitas dúbidas no ataque rival, cun Gerpe e un Pablo Fariña no centro defensivo de dez. As gañas e a ilusión de gañar este encontro nos nosos, percibíase na intensidade e o bo xogo despregado dende o comezo ata o final dos 60 minutos.

Nos primeiros 30 minutos, dominamos no marcador con comodidade. O bo facer deste grupo na retagarda, permitíanos aproveitar as transicións a portería rival en 1ª e 2ª ondada, e así obtelo gol en tan só tres ou catro pases, evidenciando tintes do modelo de xogo que nos caracteriza.

Na segunda metade, os nosos non baixaron a intensidade en ningún momento, imprimindo un ritmo se cabe maior, dificil de seguir polo plantel rival. A tónica do encontro continuou sendo a mesma que a da primeira parte, conseguindo dominar no electrónico os 60 minutos ao completo. Destacar o xogo posicional dos nosos, sempre cun pase máis, conseguindo que os balóns chegasen as segundas liñas, cun Marcos, Shaiel e Nico moi efectivos nos 6.

Victoria moi importante para este grupo que está a facer unha segunda volta de ensono, estando nos postos baixos da táboa na primeira volta e conseguindo agora o terceiro e moi merecido, posto. A unión grupal e o disfrute deste deporte polos nosos, evidencian a milloría de todos os compoñentes deste equipazo.

O próximo finde, tócanos recibir ao lider, o OAR Coruña, e de seguro non lle imos poñelas cousas fáciles.

FORZA ÓPTICA GALLAECIA, FORZA CULLE!

Bm Culleredo 32-24 Bm Arteixo

GOLES:

Culleredo: Pablo Fariña 2, Álvaro 6, Puga 2, Kidus 2, Marcos Regueiro 6, Shaiel 4, Teo 3, Diego del Río 3, Dani Rubio 3, Nico Vázquez 1, Iván (p), Javi (p).

Arteixo: Alex Aller 9, Hugo Martínez 7, Víctor Glez 4, Marcos Abeleira 1, Alex Martínez 1, Iván Sousa 1, Adrián Novío, Marcos Vázquez, Hugo Montero, Edu Glez (p), Hugo Santiago, Martín Ferreño, Alex López (p).

PARCIAIS CADA 5':

3-2/ 5-4/ 7-5/ 12-6/ 12-8/ 14-9/ desc./ 16-11/ 18-15/ 20-17/ 24-18/ 26-21/ 32-24/ final.

ARBITRAXE:

Pablo Barreiro e Enrique Folgoso.

INCIDENCIAS:

Xornada aplazada número 12 da liga prata, desputada no municipal de Almeiras cunha moi boa entrada de público.

VIDEO DO ENCONTRO:

https://www.facebook.com/arteixo.balonman/videos/221836400165214/?sfnsn=scwspwa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *