Saltar ao contido

Cómoda victoria do Óptica Gallaecia en Poio.

O pasado sábado, ás 10.30 da mañán, o noso xuvenil de liga prata, desprazábase ao pavillon da seca, en Poio, para afrontar a penúltima xornada ligueira ante os locais, o Poio Artai.

Partido sen moita trascendencia no que os nosos dominaron o marcador dende o comezo ata o final. Cunha defensa 6.0 moi activa e con moitas disuasións, o culle conseguía roubar balóns e provocar cuantiosas perdas no plantel rival, o cal aproveitamos explotando como sabemos a primeira e a segunda ondada, permitíndonos anotar con comodidade.

A tónica xeral do encontro estivo marcada pola actividade de pernas na defensa para provocar o erro rival e así poder correr a contra. Os nosos sabían que o golaverage tamén é importante polo que aproveitaron ao máximo os 60 minutos do encontro, sen perder concentración e intensidade.

Seguimos mellorando e seguimos medrando no 40x20!!!!! Bravo rapaces!!!!!

Forza CULLEEEE!

Poio Artai 19-49 Culleredo Óptica Gallaecia

GOLES:

Culleredo: Pablo Fariña 3, Nico Vázquez 7, Guille Puga 3, Álvaro del Busto 20, Diego del Río 6, Gerpe 4, Xoel Ínsua 1, Shaiel 5, Iván (p), Javi (p).

Poio: Emilio Baqueiro 11, Sergio Aramburu 1, Diego Maestro 2, Alejandro Castro 2, Fernando Otero 2, Pablo Abilleira 1, Martín Lorenzo, Rubén Outeda (p).

PARCIAIS CADA 5':

4-1/ 7-3/ 11-6/ 17-9/ 20-13/ 22-13/ desc./ 27-14/ 33-16/ 38-17/ 41-17/ 44-18/ 49-19

ARBITRAXE:

Sergio Murillo Otero

INCIDENCIAS:

Xornada 13 da liga prata desputada no pavillon da Seca, Poio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *