Saltar ao contido

Victoria contundente do Remax Riazor

Un paso adiante deu este equipo nesta fin de semana , quizáis un triunfo con dobre valor añadido, un pola dificultade do adversario xa que esta moi preto na táboa clasificatoria e dous , por que este mesmo equipo era o que gañaba o primeiro partido da fase o play off de ascenso o principio da tempada.

Pero nesta ocasión o tempo deu os seus frutos de cara o Remax Riazor que saiu de cara cun sistema 4:2 poder alexar o central ofensivo do Tui e conter os pases filtrados ao pivote escurridizo Izán do Balonmán Tui .

Isto co paso dos minutos deu resultado e ainda que no inicio fora un partido igualado , según pasaba o tempo o Remax Riazor facíase forte ata conseguir unha renda de 3 goles pero que xusto nos último 5 minutos da primeira parte perdería esa ventaxa por desbaratar sendos lanzamentos en penetracións , isto o aproveitaba o Tui que conseguía empatar o encontro xusto antes do descanso.

Na segunda metade a inercia do partido decantouse para o equipo cullerdense que pechou a porta para poder axudar a Hugo Díaz que apareceu nos momentos que máis o necesitaba. o equipo.

Un bloque defensivo onde o esforzo, actitude e compromiso foron as caracteristicas máis importantes , a axuda de Pablo Ares, a intensidade de Fabián Manzo e regularidade de Jorge Outón facían a desesperación en 1x1 do Tui.

Na fase ofensiva tanto Jairo Candamio como Jaime Serrano estaban de dulce, o primeiro repercutindo con boas accións en 1x1 e con moi boa toma de decisión e o segundo recibindo esos balón na zoa de 6 metros onde ten unha eficacia moi grande.

Nos últimos minutos o Tui foi a desesperada e presionou ao Remax , pero o equipo cullerdense soubo moverse entre máis espacio libre e resolveu o final de partido con moito control .

Felicidades o Remax Riazor por esta victoria .

Bm Culleredo Remax Riazor: Hugo Diaz, Hugo García, Fabián Manzo (2),Jaime Serrano (7),Jorge Outón(7), Jairo Candamio (4),Teo López(1),Xoán Bello(6),hugo Bermúdez,Iago Allegue (3),Pablo Ares(2),Xoán Seoane,Xoán Canedo , Adrián Aneiros.

Bm Tui:Pablo Lorenzo,Izán Pérez(5),Marcos Framiñan,Alex Lade(4),Roque Estévez(7),Fazio Mazzurco,Cristian Frame, Sergio Rodriguez (4).

PARCIALES CADA 5`: 1-2/3-3/5-6/9-7/12-12/15-13/17-15/20-16/24-18/28-19/32-20

INCIDENCIAS: Xornada 10 da liga de Ouro infantil masculino, disputado no Pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *