Saltar ao contido

O derbi cae de cara o equipo Coruñés

O Climanosa visitaba a pista do Oar Coruña na liga de Prata para intentar dala sorpresa nesta pista tan complicada , pero xa dende o inicio o equipo local xa mandaba no marcador con rendas de 2-3 goles.

O Climanosa encontrabase cómodo en defensa co 6:0 pero pequenos errores nas axudas defensivas facía que o Oar seguira encontrando o gol na porteria cullerdense. O equipo de Culleredo na fase ofensiva co paso dos minutos encontraríase máis cómodo e seguía metido no partido sen perder o ritmo deste.

Tras uns erros de lanzamento dende os 7 metros e algún fallo nalgunha penetración o Climanosa marchariase o descanso con 6 goles abaixo no electrónico 15-9

Na reanudación do partido tivo a mesma tónica o equipo local seguia a facer moito daño a defensa cullerdense que pese a cambiar o sistema 5:1 por momentos non era quen de dar coa tecra para revertir a situación.

O Climanosa seguiu intentando por todolos medios sobretodo chegando moi rápido tras recuperar balón, ainda asi non se puido acercar máis ao marcador e xa nos último minutos 4 pérdidas seguidas concretaronse en 4 contrataques do equipo local que mataba o partido a prol do locais.

Boa dinámica do Cimanosa que pese a derrota nunca perdeu a cara o encontro , recordando que o 90% do plantel son de primeiro ano , ainda en proceso de adaptación a categoría e cun marxen de mellora moi grande.

Este é o camiño para encontrar a evolución a medio ou largo prazo, pero mentres o equipo xogue con esta actitude todo irá mellorando pouco a pouco , paso a paso.

Forza Culle.

O.A.R. Coruña: Leo Cousillas, Diego Kibruyisfa (9),Victor Alonso, Besay Agusti (7),Rodrigo Serantes,Iván Alfonso, Antón Casas (4),Angel Ortiz(1),Dereck Capelo (2),Joshua Simón(4),Alejandro Vasallo(8)

Bm Culleredo Climanosa: Ruben Gantes, Anxo Garrido, Bruno Pardo (3),Nicolás Arias(1)Nicolás Diaz(1),Iago Vázquez (6),Adrián Pestonit(4),Bieito Muiña, Nicolás Casal (3),Féliz Noya,Mario Sánchez, Álvaro Siso(3),Mateo Pérez (1).

PARCIALES CADA 5`: 21-/5-2/9-5/12-7/14-9/15-9/18-12/23-16/25-19/28-21/31-21/35-22.

INCIDENCIAS: Xornada 13 da liga de Prata Cadete Masculina disputado en San Francisco Javier .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *