Saltar ao contido

A IRREGULARIDADE DEFENSIVA SENTENZA AO BM.CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O BM.Culleredo Construpereiro, mostrou demasiados altibaixos no encontro que lles enfrontaba no día de onte ao BM.Porriño, especialmente en tarefas defensivas.
Ao excelente inicio e final dos cullerdenses, onde se adiantaban con parciais de 4-1 e reducían diferenzas con outro de 5-1 respectivamente, acompañáronlles momentos espesos onde a retagarda evidenciaba un sen fin de dúbidas e, faltos de pernas, acumulaban erros en accións de 1x1.

Os xogadores do BM.Porriño, que se viron superados no inicio do encontro, viron como tras o meridiano conseguían poñerse por diante no marcador explotando as situacións de 1x1 para irse ao descanso dominando por un resultado de 16-18, de novo un exceso de goles encaixados polo conxunto de Culleredo.


Na continuación, os visitantes conseguían aumentar as diferenzas, xa que os de Culleredo non atopaban a solución defensiva, nin co sistema, 6:0, nin co 5:1, nin coa defensa zonal exposta no lateral esquerdo. Os erros no 1x1, a falta de axudas e a de profundidade nos momentos precisos, xeraban demasiadas gretas na retagarda de complexa solución. A todo iso, sumábanse agora os erros non forzados en ataque que poñían moi franca a vitoria final do conxunto porriñés. Foi entón, a falta de dez minutos, cando por fin a presión alta da retagarda cullererdense daría os seus froitos e volveríase a aqueles instantes iniciais onde o acerto defensivo e a velocidade ao contragolpe faría subir en pouco tempo os algarismos do BM.Culleredo Construpereiro. Tanto e tan ben funcionaba agora a engrenaxe dos locais en ambas as fases do xogo, que o partido estaría apunto de rematar en táboas grazas a esa remontada final dos rojillos.

BM. Culleredo Construpereiro: 31(16+15). Marco González (P), Marcos Regueiro (4), David Martínez (5), Adrián Veira (6), Iván Sánchez (3), Aaron Blanco, Antón Pérez, Samuel Seijas (7), Daniel González, Josemi Martínez (5), Lucas Sánchez, Juanfran Pazos (2), Teo Calvo, Anxo Negreira, Alejo Martínez (1).

BM.Porriño: 33(18+15). Pablo Álvarez (8), Josué Rodríguez, Francisco Pérez (1), David Rodríguez (1), Pablo Rodríguez (1), Xulio Fdez (8), Unai Soto (1), Nicolás Giráldez (3), Yago Raimúndez (10).

Parciais cada 5´: 4-2 / 7-3 / 10-7 / 12-11 / 13-15 / 16-18 / Descanso / 16-21 / 20-25 / 24-28 / 26-31 / 29-31 / 31-33 / Final.

Colexiado: Carlos Calvar.

Incidencias: Xornada nº 10 na liga Ouro cadete masculino. O partido disputoúse no municipal de Almeiras con boa afluenza de público nas bancadas..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *