Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, CEDE DOUS PUNTOS ANTE O BM.PORRIÑO

As baixas seguen arrasando o plantel do BM.Culleredo Despreocúpate.es, un conxunto con aspiracións ambiciosas a principio de tempada, que co devir da competición e desde o seu inicio, víronse mermadas xornada a xornada principalmente por lesións de longa duración.
Neste contexto está a moverse o conxunto xuvenil cullerdense, con problemas para completar un cadro de persoal co mínimo número de xogadores esixible para afrontar cada encontro. Como se evidencia nos últimos encontros ante rivais de entidade, o BM.Culleredo Despreocúpate.es atopa moito inconvinte para competir con equipos que fai ben pouco intuíanse do seu mesmo nivel e no encontro deste sábado pasado, ocorreu o propio fronte ao balonmán Porriño.

Os Porriñeses, sen mostrar a súa mellor cara, levaron os dous puntos en xogo nunha confrontación que se mostrou desigual desde o inicio e que quedaba vista para sentenza ao cabo dos primeiros trinta minutos cando os visitantes xa superaban ao seu rival por unha diferenza de oito goles.
Nunha segunda parte máis igualada pero sen historia, os dous equipos completaron o trámite que resultaría dun encontro insulso e anodino que remataría coa vitoria dos xogadores do técnico cullerdense Xosé Canedo.

BM. Culleredo Despreocúpate.es: 24. Marco González (P), Jorge López (P), Xoel Garrido (3), Martín Ínsua (9), Iago Chao (1), Nicolás Pérez (2), Nuno Loxo (2), Senén Garea (2), David Martínez (1), Samuel Seijas (1), Lucas Pazos, Gonzalo Palleiro (3).

BM. Porriño: 34: Samuel Miguel Rodríguez, Martín Bar, Pablo Álvarez (2), Adrián Carrera (5), Eloy Fdez (1), Hugo Rodríguez, Edu Alonso (9), José V. García (4), Martín Guerreiro (1), Rodrigo Pereyra (1), Xavier Domínguez, Yago Raimundez (3), Nicolás Giráldez, Juan Rodríguez (8).

Colexiado: Carlos Calvar.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada 9ª e aprazado no seu día por alún positivo COVID nas filas do BM.Porriño. O partido disputouse no Polideportivo de Almeiras cunha boa afluenza de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *